Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 305 Bolsena (pt) |
Morte | c. 375 (69/70 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , procónsul |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século IV ) |
Lingua | Lingua latina |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Festo (pt) |
Rufo Festo Avieno (en latín: Postumius Rufius Festus Avienus) foi un escritor, poeta, astrónomo e xeógrafo latino da segunda metade do século IV.
Naceu en Volsinii (Bolsena), Etruria,[1] procedía da familia dos Rufii Festi, fillo de Musonio (identificado como descendente de Musonio Rufo, filósofo estoico do século I), e foi procónsul[1] dúas veces da África Proconsular en 366 e 367 e probablemente tamén de Acaia. Segundo inscricións conservadas nos Museos Vaticanos casou cunha muller chamada Plácida e tivo varios fillos, un dos cales chamábase Plácido. Algúns historiadores quixeron atribuírlle a paternidade do historiador Rufo Festo, pero é discutida.
En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.