Barry Levinson, nado en Baltimore (Maryland) o 6 de abril de 1942, é un director de cinema e guionista estadounidense.
O seu primeiro traballo no mundo do espectáculo foi como guionista de programas cómicos, pasando logo a escribir para o cinema. Debutou coma director con Diner.
Conseguiu o maior éxito na súa carreira con Rain Man, coa que gañou o oscar ao mellor director e o Oso de Ouro en Berlín.
Tamén traballou como produtor de diversos filmes.