Bayer AG

Fábrica de Bayer en Leverkusen
TipoSociedade Anónima
Fundación1863
LocalizaciónLeverkusen, Alemaña Alemaña
FundadorFriedrich Bayer, Johann Friedrich Weskott
Persoas claveMarijn Dekkers (CEO), Manfred Schneider (Director)
IndustriaQuímica, Farmacéutica
ProdutosMedicinas, plásticos, pinturas, adhesivos
Número de empregados111.000 (30 de setembro de 2012)
Na rede
https://www.bayer.de/, https://www.bayer.com/ e https://www.cropscience.bayer.com
Facebook: Bayer Twitter: Bayer Instagram: bayerofficial LinkedIn: bayer Youtube: UCc1fyFWYvP3XzMl6W4PWsjw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bayer é unha empresa químico-farmacéutica fundada en Barmen, Alemaña en 1863.[1] Hoxe en día, ten a súa sede en Leverkusen, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña.[2] É ben coñecida pola súa marca orixinal da aspirina.

Desde 1925 formou parte do conglomerado IG Farben ata que en 1951, logo da segunda guerra mundial, foi disolto polos aliados debido a que utilizou traballo escravo nos seus procesos de fabricación.

Historia

Aspirinas.

Bayer AG foi fundada en Barmen (hoxe parte de Wuppertal), Alemaña en 1863 por Friedrich Bayer e o seu socio, Johann Friedrich Weskott.

O primeiro produto importante de Bayer foi o ácido acetilsalicílico (orixinalmente descuberto polo químico francés Charles Frédéric Gerhardt en 1853), unha modificación do ácido salicílico ou da salicina, un popular remedio presente na cortiza do sauce. En 1899, a marca Aspirina de Bayer foi rexistrada en todo o mundo para o ácido acetilsalicílico de Bayer que Felix Hoffmann sintetizou por primeira vez,[3] pero debido á confiscación polos Estados Unidos durante a primeira guerra mundial, dos activos e as marcas de Bayer, e debido ao uso xeneralizado do termo para describir o tipo de droga, e o feito de que Bayer non puido protexer a súa marca rexistrada,[4] a palabra "aspirina" perdeu o seu status de marca rexistrada nos Estados Unidos, Reino Unido, Francia e outros países. Hoxe, o nome utilízase libremente nos Estados Unidos, Reino Unido e Francia para identificar ao ácido acetil-salicílico. Con todo, en máis de 80 países, como España, o Canadá, México, Alemaña e Suíza, o nome "Aspirina" segue sendo unha marca rexistrada propiedade de Bayer.

Organización

Bayer réxese por un Consello de Administración, composto por: Werner Baumann, Wolfgang Plischke, Richard Pott, e Marijn Dekkers. As accións de Bayer AG cotízanse na Bolsa de Fráncfort, a Bolsa de Londres e a Bolsa de Nova York.

Subgrupos e empresas de servizos

A fin de separar xerencias operativas e estratéxicas, Bayer AG foi reorganizada nun holding en 2003. As empresas do grupo central transformáronse en sociedades anónimas, cada unha controlada por Bayer AG. Estas empresas son:

Bayer CropScience: En 2002, Bayer AG adquiriu Aventis CropScience e fusionouna coa súa división de produtos agroquímicos propia (Bayer Pflanzenschutz ou "Crop Protection") para formar Bayer CropScience. A empresa é agora unha das principais innovadoras do mundo, entre as empresas científicas de cultivos nas áreas de protección de cultivos (é dicir, os praguicidas), control de pragas non agrícolas, sementes e biotecnoloxía vexetal. Ademais de en empresas de agroquímicos convencionais está involucrada en enxeñaría xenética de alimentos. A compañía biotecnolóxica belga Plant Genetic Systems, pasou a formar parte da empresa pola adquisición de Aventis CropScience. Tamén en 2002, Bayer AG adquiriu a empresa de sementes neerlandesa Nunhems.

Bayer HealthCare: É o subgrupo de Bayer provedor de produtos médicos e farmacéuticos. Está implicado na investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización dos produtos que teñen como obxectivo mellorar a saúde das persoas e os animais. Bayer HealthCare conta con outras catro subdivisións: Bayer Schering Pharma, Consumer Care de Bayer, Bayer Animal Health de Bayer e a asistencia médica.

Bayer Material Science: É un provedor de polímeros de alta tecnoloxía e desenvolve solucións para unha ampla gama de aplicacións de interese para a vida cotiá.

Bayer Business Services: Situado na sede de Bayer nos Estados Unidos nun suburbio de Pittsburgh, encárgase da infraestrutura de Tecnoloxías da Información e o aspecto do apoio técnico de Bayer EE.UU. e Bayer Canadá. Esta é tamén a sede do Service Desk (Centro de Servizos: é unha capacidade primaria de tecnoloxías de información que se pide na Xestión de Servizos de Tecnoloxías de Información(ITSM) definido pola Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información (ITIL)) de América do Norte, a central de IT Help Desk (Axuda de Escritorio: é un conxunto de servizos, que de xeito integral ben sexa a través dun ou varios medios de contacto, ofrece a posibilidade de xestionar e solucionar todas as posibles incidencias, xunto coa atención de requirimentos relacionados coas TICS, é dicir, as Tecnoloxías de Información e Comunicacións) para Bayer EE.UU. e Bayer Canadá.

Bayer Technology Services: É unha área de servizo de Bayer, creada co obxecto de consolidar e concentrar recursos para apoiar de forma eficiente as áreas de negocio do grupo Bayer. A división ofrece soporte tecnolóxico ás plantas de produción así como a procesos específicos, que se presentan en calquera momento e durante todo o ciclo de vida dos produtos e instalacións.

Currenta: Ofrece servizos para a industria química incluído o fornecemento de servizos públicos, xestión de residuos, infraestruturas, seguridade, protección, análise e formación profesional.

Despois do éxito da reorganización de Bayer, as súas actividades combinaron produtos químicos (coa excepción de HC Starck e Wolff Walsrode) con determinados compoñentes da serie de segmentos de polímeros para formar a nova compañía Lanxess. Este cambio tivo lugar en 2004, con Lanxess cotizando na Bolsa de Fráncfort a principios de 2005. A División de Diagnósticos de Bayer HealthCare foi adquirida por Siemens Medical Solutions, en 2007.

Sedes

Algunhas controversias

Notas

  1. "The early years (1863–1881)" (en inglés). Bayer AG. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  2. "Profile and Organization" (en inglés). Bayer AG. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  3. "La “aspirinomanía”, un hábito que puede intoxicar y causar la muerte" (en español). El País. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  4. Alfredo Jácome Roca. "Historia de los Medicamentos" (en español). Academia Nacional de Medicina. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  5. 5,0 5,1 "La Cruz Bayer" (en español). Bayer de Mexico. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  6. Moreno, Sebastián (17-24 de decembro de 1984). Cambio 16, ed. "Un producto Bayer envenenó España." (en español). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2011. 
  7. Greenpeace (ed.). "Arroz transgénico: la nueva amenaza" (en español). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2010. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  8. Katherine Eban (15 de outubro de 2010). CNN, ed. "Las abejas ‘pican’ a Bayer" (en español). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2010. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  9. Fokkelman, Monica (11 de novembro de 2001). "El libro negro de las firmas de marca" (en español). El Mundo. Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  10. El País, ed. (9 de agosto de 2001). "Bayer retira el medicamento contra el colesterol Lipobay" (en español). Consultado o 4 de outubro de 2010. 
  11. El Mundo, ed. (23 de agosto de 2001). "Una estatina que amenaza la estabilidad de Bayer" (en español). Consultado o 4 de outubro de 2010. 

Véxase tamén

Ligazóns externas