Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1926 |
Morte | 29 de setembro de 2019 (92/93 anos) |
Alcalde de Cerdido | |
1972 – 2006 (dimisión) – Ana Rodríguez Montero → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Lingua | Lingua galega |
Bernardino Breijo Freire, nado en 1926 e finado o 29 de setembro de 2019[1], foi un político galego do PPdeG.
Foi nomeado alcalde de Cerdido en setembro de 1972. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Cerdido e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, primeiro por AP e despois polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. En abril de 2006, logo de facer 80 anos, dimitiu como alcalde[2].
Predecesor: ? |
Alcalde de Cerdido 1972 - 2006 |
Sucesor: Ana Rodríguez Montero |
En 1996 foille concedida a Medalla de Prata de Galicia.