Bill Cosby
Nome completoWilliam Henry Cosby Jr.
Nacemento12 de xullo de 1937
Lugar de nacementoFiladelfia
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónProtestantismo
Alma máterUniversidade de Massachusetts Amherst, Universidade Temple e Germantown High School
Ocupaciónactor de televisión, humorista, escritor, Actor de dobraxe, compositor, cantante, actor de cinema, xogador de fútbol americano, actor de dobraxe, produtor, guionista, produtor de cinema, produtor de televisión, director de cinema e artista discográfico
CónxuxeCamille Cosby
FillosEnnis Cosby, Erika Ranee, Erinn Cosby, Evin Cosby e Ensa Cosby
Coñecido porThe Cosby Show
PremiosMedalha Spingarn, Medalla Presidencial da Liberdade, Marian Anderson Award, Daytime Emmy Awards, Library of Congress Living Legend, Theodore Roosevelt Award, Premio Kennedy, Prêmio Mark Twain de Humor Americano, Medalla da Paz das Nacións Unidas, Paul Robeson Award, lista de indicados ao Framboesa de Ouro de pior filme, lista de indicados e premiados ao Framboesa de Ouro de pior ator, Golden Raspberry Award for Worst Screenplay, Primetime Emmy Award de melhor ator em série dramática, Primetime Emmy Award de melhor ator em série dramática, Primetime Emmy Award de melhor ator em série dramática, star on Hollywood Walk of Fame, Premio Globo de Ouro e honorary degree from Spelman College
Na rede
https://billcosby.com/
IMDB: nm0001070 Allocine: 25746 Rottentomatoes: celebrity/bill_cosby Allmovie: p85992 TCM: 39609 Metacritic: person/bill-cosby TV.com: people/bill-cosby IBDB: 36396
Twitter: BillCosby Musicbrainz: 0646d80c-7ee1-46e9-a169-2979dee41bc6 Songkick: 320621 Discogs: 202258 Allmusic: mn0000070534 WikiTree: Cosby-201 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William Henry Cosby Jr., nado en Filadelfia o 12 de xullo de 1937, é un cómico, actor e escritor estadounidense.

Traxectoria

Cosby comezou a súa carreira como cómico de stand-up no famoso club nocturno hungry i de San Francisco durante os anos sesenta. Ao longo da década publicou varios discos de comedia que lle valeron o premio Grammy ao mellor álbum de comedia de xeito consecutivo de 1965 a 1970. Tamén tivo un papel protagonista no programa de televisión I Spy (1965-1968) xunto a Robert Culp. Cosby fixo historia cando gañou o premio Emmy ao mellor actor protagonista nunha serie dramática en 1966, o que o converteu no primeiro afroamericano en gañar un Emmy como intérprete.[1] A súa carreira como actor continuou protagonizando a comedia de situación The Bill Cosby Show, que durou dúas tempadas entre 1969 e 1971.

En 1972, usando a personaxe de Fat Albert que desenvolveu durante as súas rutinas de stand-up, Cosby creou, produciu e presentou a serie de televisión animada Fat Albert and the Cosby Kids que se emitiu ata 1985, centrada nun grupo de mozos amigos que medraban nunha zona urbana. Ao longo da década de 1970, Cosby protagonizou varios filmes, incluíndo Uptown Saturday Night (1974) de Sidney Poitier e Let's Do It Again (1975) e California Suite de Neil Simon (1978) xunto a Richard Pryor. Tamén formou parte do elenco orixinal de The Electric Company xunto a Rita Moreno e Morgan Freeman de 1971 a 1973. En 1976 obtivo un doutoramento en educación pola Universidade de Massachusetts Amherst, regresando á facultade posteriormente para completar un mestreado en artes alí en 1972. Na súa disertación falou do uso de Fat Albert and the Cosby Kids como ferramenta de ensino nas escolas de primaria.

A partir dos anos oitenta, Cosby produciu e protagonizou a serie de televisión The Cosby Show, que se emitiu entre 1984 e 1992 e foi considerada como a serie número un nos Estados Unidos dende 1985 a 1989. A comedia de situación destacou as experiencias e o crecemento dunha familia afroamericana de clase acomodada. Durante este tempo, Cosby conseguiu a reputación de "America's Dad" pola súa interpretación de Cliff Huxtable. Cosby produciu o spin-off A Different World, que se emitiu entre 1987 e 1993. Tamén protagonizou The Cosby Mysteries (1994-1995), a sitcom Cosby (1996-2000) e presentou Kids Say the Darndest Things (1998-2000). Despois creou e produciu o programa infantil animado Little Bill (2000-2004).

En 2014, Cosby converteuse en obxecto de numerosas denuncias por agresións sexuais que foron moi publicitadas durante o movemento Me Too. En 2018, Cosby foi condenado por agresión indecente agravada contra Andrea Constand. Estivo preso ata que a sentenza condenatoria foi anulada en 2021 polo Tribunal Superior de Pensilvania por violacións dos dereitos de trámite de Cosby segundo a 5.ª e 14.ª emenda.[2][3][4]

Notas

  1. "Emmys history: Few black nominees, even fewer black winners". The Los Angeles Times. 16 de xullo de 2015. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  2. Bowley, Graham (30 de xuño de 2021). "Bill Cosby to Be Freed as Court Overturns His Sex Assault Conviction". The New York Times. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  3. Sherman, Jolie (2021-07-01). "Vermont legal experts weigh in after Cosby freed from prison". NEWS10 ABC (en inglés). Consultado o 2021-07-11. 
  4. Dale, Maryclaire (2021-06-30). "Bill Cosby released from prison after court finds due process violation". PBS NewsHour (en inglés). Consultado o 2021-07-11. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas