Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) William Charles Fitch 19 de maio de 1934 Davenport, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de febreiro de 2022 (87 anos) Conroe, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Coe College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 93 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | beisbolista , adestrador , baloncestista , adestrador de baloncesto , head coach (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua inglesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NCAA Division I men's basketball (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios
|
William Charles Fitch, nado en Davenport, Iowa, o 19 de maio de 1932 e finado en Lake Conroe, Texas, o 2 de febreiro de 2022,[1] foi un adestrador profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA). Foi incluído entre os "dez mellores adestradores da historia da NBA" en 1996.[2]
Antes de pasar á profesionalidade, adestrou a Universidade de Minnesota, Bowling Green State, Universidade de Dacota do Norte, e a súa alma máter, Coe College.[2]
Fitch é o quinto adestrador con máis vitorias na historia da NBA, con 944, pero tamén é segundo no apartado das derrotas, con 1106, detrás de Lenny Wilkens. Recibiu en dúas ocasións o premio ao Mellor Adestrador do ano (1976 e 1980), e guiou a Larry Bird, Kevin McHale, Robert Parish e os seus Boston Celtics ao anel de 1981 ante Houston Rockets por 4-2. Tras deixar Boston, dirixiu aos Rockets de Hakeem Olajuwon e Ralph Sampson, aos que levou ás Finais de 1984, perdéndoas ante o seu exequipo. Fitch tamén adestrou a Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets e Los Angeles Clippers.