Bille August
Nacemento9 de novembro de 1948
Lugar de nacementoBrede
NacionalidadeDinamarca
Alma máterNational Film School of Denmark
Ocupacióndirector de cinema, guionista, director de fotografía, fotógrafo e realizador
CónxuxePernilla August, Sara-Marie Maltha e Masja Dessau
FillosAnders August, Alba August, Asta Kamma August e Amaryllis August
Coñecido porPelle Erobreren e The Best Intentions
PremiosLO's kulturpris, The Amanda Committee's Honorary Award, Honorary craftsman, Statens Kunstfonds hædersydelse, O Fauno Brincalhão, Palma de Ouro, Palma de Ouro e Ordem de Dannebrog
Na rede
IMDB: nm0000806 Allocine: 1975 Allmovie: p80185 TCM: 6935
Musicbrainz: 2528d12d-b500-4738-9fce-b7e98478b2aa Discogs: 1208935 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bille August, nado en Virum o 9 de novembro de 1948, é un director de cinema e televisión, guionista e director de fotografía dinamarqués, gañador da Palma de Ouro en Cannes en dúas oportunidades. Contribuíu en gran medida, dende finais dos anos 1980, á boa imaxe da que goza o cinema danés no estranxeiro.

Traxectoria

Estudou na Escola de Fotografía Christer Strömholm de Estocolmo e, a continuación, na Escola de Cinema dinamarquesa a comezos dos setenta. Estivo casado coa actriz sueca Pernilla August entre 1991 e 1997, coa que tivo 3 fillas. Está casado coa actriz Sara-Marie Maltha.

Dirixiu máis dunha decena de filmes, entre os que destacan Pelle Erobreren (1987), que gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1988, o Óscar e o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa en 1989, e Den goda viljan, que recrea aspectos da vida de Ingmar Bergman e dos pais deste director sueco. O mesmo Bergman elixiu a August para dirixir o filme, que tamén obtivo a Palma de Ouro en Cannes en 1992 e grazas ó cal Pernilla August, gañou o premio á mellor actriz no devandito festival.

Véxase tamén

Ligazóns externas