Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.
Foi fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse en base da editorial Prensa Española, que tamén publicou o xornalABC.[1] O éxito da revista motivou a creación posterior do diario, de carácter monárquico.
O seu primeiro director foi Eduardo Sánchez de Castilla, aínda que cedo, o 28 de febreiro de 1892, foi relevado polo propio Luca de Tena.[2]
Os rotativos da súa tirada atopábanse no Edificio ABC da rúa Serrano de Madrid. A publicación presentaba a novidade das ilustracións e gozou de gran prestixio polos seus artigos e colaboracións literarias, tendo no seu inicio tiradas próximas aos 20 000 exemplares. Foi a primeira publicación periódica española en utilizar a cor e o papel couché.[3] O 12 de maio de 1912 publicou a primeira fotografía en cor da prensa en España.[4]
Entre 1891 e 1939 editouse de forma continuada. Volveu reaparecer en 1957 como publicación independente, etapa que se prolongou ata 1980. En 1988 reapareceu como suplemento dominical do xornal ABC, ata o seu cesamento definitivo en outubro de 2000. Máis adiante publicouse un suplemento semanal de ABC co nome Blanco y Negro Cultural, que en 2005 pasou a chamarse ABCD Las Artes y Las Letras, tamén semanal.
A revista, que publicou unha serie de almanaques anuais, competiu durante estes anos con outras revistas ilustradas como La Ilustración Española y Americana e Nuevo Mundo.[5]
Durante esta etapa participaron, no aspecto gráfico, viñetistas e humoristas gráficos como Ramón Cilla, Mecachis, Rojas,[6]Joaquín Xaudaró,[7] Teodoro Gascón,[8] Ángel Pons, Sileno[9] ou Melitón González,[10] ademais doutros artistas como Primitivo Carcedo,[11] Eulogio Varela,[12] José Arija,[13] Giuseppe Eugenio Chiorino,[14] Enrique Martínez Echevarría, Adolfo Lozano Sidro, Manuel Benet, Baldrich, José Loygorri, Máximo Ramos, Santiago Regidor,[7] Joaquín Araujo Ruano,[15] Pedro de Rojas,[16] Mariano Pedrero,[17] Julio Gros, Ángel Díaz Huertas, Narciso Méndez Bringa, José García y Ramos, Enrique Estevan y Vicente, Tomás Muñoz Lucena, Cecilio Plá, Francisco Sancha Lengo, Inocencio Medina Vera, Carlos Vázquez Úbeda,[18] Manuel García y Rodríguez,[19]Serafín Avendaño,[20]Alfredo Souto Cuero, Federico Ribas, José Blanco Coris, Juan Martínez Abades,[21] José Moreno Carbonero, Emilio Sala[9] ou Ángel Andrade,[22] que ilustraron as súas páxinas ao longo deses anos.
Durante a guerra civil foi incautada polo goberno republicano.[23]
Como dominical de venda xunto ao diario ABC desde o 6 de marzo de 1988.[25] Incluía Gente Menuda como suplemento dirixido aos nenos. O último número recollido na hemeroteca de ABC para a revista Blanco y Negro é do 29 de outubro de 2000.[26]
Ao longo da súa historia acumulou un amplo libro de sinaturas de colaboradores literarios. Desde representantes da aristocracia nacional, como Hilda de Toledano (pseudónimo literario de María Pía de Sajonia-Coburgo Braganza) ou a novelista Emilia Pardo Bazán,[27] ata membros da xeración do 98 como Azorín, los Machado, Manuel Abril ou Francisco Villaespesa,[28] pasando por especialistas infantís como Elena Fortún, que estreou en Blanco y Negro o seu personaxe infantil "Celia" un 24 de xuño de 1928.
↑Escolar, Hipólito. Historia del Libro, p. 572. Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 1988
↑A fotografía se titulaba "La primera lección" e amosaba un violinista aprendendo a unha nena a tocar o violín. En ABC (Cultura), 12/5/2003
↑Palenque, Marta (2014). "Un diluvio de almanaques. Los almanaques de la prensa ilustrada: Blanco y Negro (1896-1900)". Anales de Literatura Española(en castelán) (26): 327–362. ISSN0212-5889. doi:10.14198/ALEUA.2014.26.15.
↑Conde Martín, Luis (2002). Historia del humor gráfico en España(en castelán). Editorial Milenio. p. 79. ISBN9788497430586.
↑Jaime Lorén, José María de (2008). "Teodoro Gascón Baquero y sus populares dibujos costumbristas". Cuentos baturros(en castelán). Calamocha: Centro de Estudios del Jiloca. pp. XVI–XVI. ISBN978-84-611-9914-3.
↑Iñiguez Barrena, Francisca (1999). La parodia teatral en España (1868-1914)(en castelán). Universidad de Sevilla. pp. 85–86. ISBN9788447205202.
↑Palenque, Marta (2011). "El Tren Expreso en cromos y postales o la gloria de Ramón de Campoamor". En Borja Rodríguez Gutiérrez, Raquel Gutiérrez Sebastián (eds.). Literatura ilustrada decimonónica : 57 perspectivas(PDF)(en castelán). Santander: Ediciones de la Universidad de Cantabria. ICEL, Instituto Cántabro de Estudios Literarios. p. 556. ISBN978-84-8102-617-7.
↑Egido, José Carlos Brasas; Varela Sartorio, Eulogio (1995). Eulogio Varela y la ilustración gráfica modernista en Blanco y Negro. ISBN8460540170.
↑Brasas Egido, José Carlos (2005). José Arija, dibujante modernista de "Blanco y Negro". Estudios de historia y arte : homenaje al profesor Alberto C. Ibáñez Pérez (Servicio de Publicaciones). pp. 445–450. ISBN8496394301.
↑Martínez Plaza, Pedro J. (2015). "El pintor Joaquín Araujo Ruano, nuevas aportaciones a su vida y obra". Actas I Congreso Ciudad Real y su provinciaIII. Ciudad Real: Instituto de Estudios Manchegos. p. 264. ISBN978-84-87248-43-6.
↑Rodríguez Aguilar, Inmaculada Concepción (2000). Arte y cultura en la prensa: la pintura sevillana (1900-1936). Universidad de Sevilla. p. 26. ISBN84-472-0576-2.
↑Freire, Ana María. Hispanoamérica en la visión de Emilia Pardo Bazán (un asunto de familia) en Biblioteca Vitual Cervantes
↑Lozano Marco, Miguel Ángel. Las colaboraciones de Azorín en "Blanco y Negro": El camino hacia "España: Hombres y paisajes" (1909) en España contemporánea: Revista de literatura y cultura, Tomo 3, Nº 1, 1990, pp. 25-46
Bussy Genevois, Danièle (2002). Le projet national de "Blanco y negro" : 1891-1917(en francés). Saint-Denis: Université Paris-VIII-Vincennes-Saint-Denis. ISBN9782911860133.