Borja Viguera | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Borja Viguera Manzanares | ||
Nacemento | 26 de marzo de 1987 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Logroño | ||
Altura | 1,83 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Sporting de Gijón | ||
Número | 25 | ||
Carreira xuvenil | |||
Berceo | |||
Real Sociedad | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2009 | Real Sociedad B | 91 | (25) |
2007–2012 | Real Sociedad | 14 | (0) |
2011–2012 | → Gimnàstic (cedido) | 15 | (2) |
2012 | → Albacete (cedido) | 10 | (1) |
2012–2014 | Alavés | 79 | (43) |
2014–2016 | Athletic | 30 | (2) |
2016– | Sporting de Gijón | 12 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de decembro de 2016. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Borja Viguera Manzanares, nado o 26 de marzo de 1987 en Logroño, é un futbolista profesional español que xoga na posición de dianteiro no Sporting de Gijón da Primeira División Española.
Saído da canteira do CD Berceo, Viguera chegou ás categorías inferiores da Real Sociedad, pasando polo equipo xuvenil e a Real Sociedad B, onde estivo tres tempadas. En dúas delas chegou a xogar algún partido co primeiro equipo, pero non foi ata a tempada 2009-10 cando foi ascendido á primeira aliñación. Nas seguintes tempadas, Viguera foi cedido dúas veces, a primeira ó Gimnàstic de Tarragona, e a segunda ó Albacete Balompié.
Tras rematar o seu contrato coa Real Sociedad en xuño de 2012, Viguera fichou polo Deportivo Alavés, equipo da Segunda División B. Na súa primeira tempada no Alavés, conseguiu o ascenso a Segunda División, sendo unha peza fundamental do equipo ó anotar 12 goles en 32 partidos. Na tempada 2013-14, Viguera converteuse no máximo goleador da Segunda División, tras anotar 25 goles en 38 partidos, axudando así ó Alavés a manter a categoría.