Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde decembro de 2017.)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.)
Bandeira das Brigadas Internacionais
Soldados das Brigadas Internacionais.

As Brigadas Internacionais constituían unidades militares do exército da Segunda República Española durante a Guerra Civil formadas por voluntarios de diferentes países para loitar contra o exército franquista.

Historia

Estímase que houbo 59 380 brigadistas estranxeiros de 54 países, dos cales morreron 9934, aínda que o total de militantes foi 35 252, non superando os 20 000 ao tempo, na súa maioría non foron soldados senón traballadores recrutados polos partidos comunistas de cada país[Cómpre referencia]. Os franceses constituíron a nacionalidade máis importante[Cómpre referencia]. A súa base estaba en Albacete.

A idea das Brigadas Internacionais partiu do Komintern, nun principio o goberno da República rexeitou a idea, pero logo diante as dificulades da guerra autorizouna formalmente o 23 de outubro[Cómpre referencia]. A sede internacional de recrutamenteo estableceuse en París e o núcleo das primeiras Brigadas Internacionais estableceuse con 300 dos atletas que acudiran aos Xogos Populares de Barcelona e que decidiran organizar unha brigada para combater en España[Cómpre referencia].

As Brigadas participaron na defensa de Madrid de 1936, as batallas do río Jarama, Guadalaxara, Brunete, Teruel, Aragón e o Ebro. O 23 de setembro de 1938 disolveuse ao chegar un acordo o goberno republicano co Comité de non intervención[Cómpre referencia].

Véxase tamén

Outros artigos