Buffy the Vampire Slayer | |
---|---|
Logo de Buffy the Vampire Slayer. | |
Formato | Fantasía, terror, sobrenatural, acción |
Creado por | Joss Whedon |
Intérpretes | Sarah Michelle Gellar Nicholas Brendon Alyson Hannigan Anthony Stewart Head Charisma Carpenter David Boreanaz Seth Green James Marsters Marc Blucas Emma Caulfield Michelle Trachtenberg Amber Benson |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 144 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Joss Whedon David Greenwalt Marti Noxon |
Duración | 43 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | The WB (1997–2001) UPN (2001–2003) |
Formato de imaxe | NTSC 480i 4:3 PAL 576i 16:9 (tempadas 4–7) |
Primeiro episodio | 10 de marzo de 1997 |
Derradeiro episodio | 20 de maio de 2003 |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Buffy the Vampire Slayer é unha serie de televisión estadounidense que se emitiu orixinalmente entre o 10 de marzo de 1997 e o 20 de maio de 2003.
A serie creouna Joss Whedon coa súa propia produtora, Mutant Enemy Productions, a idea desenvolveuse primeiro nunha longametraxe en 1992 de título homónimo. A serie segue a Buffy Summers (interpretada por Sarah Michelle Gellar), a última nunha liña de mozas coñecidas como as "Vampire Slayers" ou simplemente "Slayers", que en galego viría a ser exterminadora ou cazadora de vampiros, que son "chamadas" (elixidas polo fate) para loitar contra vampiros, demos, e outras forzas do mal. Como as anteriores Slayers, Buffy conta coa axuda dun Watcher, un observador encargado de guiala e adestrala, pero a diferenza das súas predecesoras, Buffy rodéase dun círculo de amigos leais que a axudan a combater o mal, os "Scooby Gang".
A serie normalmente tiña entre catro e seis millóns de telespectadores na súa emisión orixinal[1]. Aínda que os índices de audiencia foron máis baixos que as series de éxito dos denominadas catro grandes cadeas (ABC, CBS, NBC e Fox),[2], constituíron un éxito para a relativamente nova e pequena cadea que o emitía WB Television Network.[3]. As críticas foron positivas,[4] e foi incluída en moitas listas, como o nº 41 na lista dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos da TV Guide , nº 2 da revista Empire ou entre os 100 programas de televisión de sempre en Time[5]. Gañou tres Emmy, a serie converteuse nun fenómeno social, con fans en todo o mundo e dela fíxose unha serie derivada, Angel, así como videoxogos, novelas ou banda deseñada.