Bugatti Tipo 41

Outros nomes Bugatti Royale
Fabricante Bugatti
País Alemaña Alemaña
Deseño Jean Bugatti
Produción un prototipo e 6 unidades
Período 1927 - 1933
Configuración
Segmento Segmento F
Carrozaría Berlina, cupé, cabriolet, roadster
Dimensións
Lonxitude ~6400 mm
Anchura ~2095 mm
Distancia eixes ~4300 mm
Peso ~3175 kg
Características técnicas
Motor 12.763 cc (12,7 L) 8 en liña
Modelos relacionados
Antecesor Bugatti Tipo 40
Sucesor Bugatti Tipo 46


O Bugatti Tipo 41, máis coñecido como Royale, é un coche de gran luxo con 4,3 metros de distancia entre eixes e 6,4 metros de lonxitude total. O seu peso é de aproximadamente 3.175 quilogramos e utiliza un motor 8 en liña de 12,7 L (12.763 cc). En comparación co moderno Rolls-Royce Phantom (producido a partir de 2003), o Royale é aproximadamente un 20% máis longo, e un 25% máis pesado. Isto fai do Royale un dos coches máis grandes do mundo.[1][2]

Ettore Bugatti planeara construír vinte e cinco destes coches, e vendelos á realeza para convertelo no coche máis luxoso. Pero incluso a realeza europea non ía poder comprar eses coches durante a Gran Depresión, e Bugatti só foi capaz de vender tres dos seis feitos (aínda existen os seis, o prototipo foi destruído nun accidente).

Deseño

[editar | editar a fonte]
Tapa do radiador do Tipo 41.

Elaborado por Ettore Bugatti, dise que o Tipo 41 fabricouno porque ofendeuse polos comentarios dunha dama inglesa que dixo que os seus coches eran peores que os Rolls-Royce.[1]

O prototipo tiña un motor cunha capacidade de preto de 15 litros. Na versión de serie, o seu percorrido reduciuse de 150 mm a 130 mm quedando unha cilindrada de 12,7 litros. O motor foi construído ao redor dun único gran bloque (aprox. 1,4 metros de longo por 1,1 metros de alto), sendo un dos motores de automóbil máis grandes que se fixeron, cunha potencia de 205 a 223 kW (275 a 300 CV). O motor baséase nun deseño de motores de aviación que fora deseñado polo Ministerio do Aire francés, pero nunca se produciu nesa configuración.[3]

O chasis era comprensiblemente robusto, cunha suspensión convencional semi-elíptica de bésta na parte dianteira.[3] Na parte traseira se complementou cun segundo xogo de béstas. Unhas grandes zapatas eran operadas mecanicamente a través de cables: os freos eran eficaces pero, sen servofreo, necesitábase un piloto con gran forza muscular para accionalos.[3] As rodas do coche "Roue Royale" miden 610 mm de diámetro.

Como reflexo dalgunhas modas da época, o condutor tiña diante unha serie de botóns de barba de balea, mentres que o volante estaba cuberto de madeira de nogueira.

A proba de estrada realizada en 1926 por W. F. Bradley a solicitude de Ettore Bugatti para a revista Autocar demostrou como a construción exquisita do chasis permitía un moi bo e equilibrado manexo a velocidade, similar ao dos pequenos coches deportivos de Bugatti, malia o peso e tamaño do coche.[4]

Todos os Royales foron carrozados individualmente. A tapa do radiador representaba un elefante, unha escultura do irmán de Ettore Rembrandt Bugatti.

Produción

[editar | editar a fonte]

En 1928 Ettore Bugatti afirmou que "este ano o rei Afonso de España recibirá o seu Royale", pero após a proclamación da república, o rei español exiliouse sen recibir o Royale. O primeiro dos coches foi entregado a un cliente en 1932. O Royale cun prezo de chasis básico de 30.000 dólares, púxose en marcha xusto cando a economía mundial comezaba a deteriorarse na década de 1930, a Gran Depresión. Foron construídos seis Royales entre 1927 e 1933, pero só tres foron vendidos a clientes. Destinado á realeza, non foi finalmente vendido a membros da realeza, Bugatti ata se negou a vender un deles ó rei Zog de Albania, afirmando que os modais na mesa dese home están máis aló do admisible!.[5]

Aínda existen os seis Royales fabricados de serie (o prototipo resultou destruído nun accidente en 1931), e cada un ten unha carrozaría diferente; algúns foron carrozados varias veces.

41.110 - Cupé Napoleón

[editar | editar a fonte]
Chasis nº41.110, coñecido como o Cupé Napoleón, no Musée National de l'Automobile de Mulhouse.

41.111 - Cupé de Ville Binder

[editar | editar a fonte]
As dúas carrozarías do coche 41.111: o roadster de Esders á esquerda e o Coupé de Ville de Binder á dereita

41.121 - Cabriolet Weinberger

[editar | editar a fonte]
Chasis nº41.121, Bugatti Type 41 Royale 'Weinberger Cabriolet' 1931 coa súa pintura orixinal (esquerda) e coa súa pintura actual (dereita)

41.131 - Limusina Park-Ward

[editar | editar a fonte]
Vista anterior e posterior da Royale Limousine Park Ward


Chasis nº41.131, coñecido como Limousine Park-Ward, atópase no Museo Nacional do Automóbil de Mulhouse.

41.141 - Coche Kellner

[editar | editar a fonte]

41.150 - Berline de Voyage

[editar | editar a fonte]
Type 41 Royale Berline de Voyage 1929 (41150).
A maioría dos motores destinados ó Royale foron descatalogados e atoparon saída nunha serie de vagóns Bugatti de alta velocidade.

Tren Nacional Francés SNCF

[editar | editar a fonte]

Para utilizar os 23 motores restantes logo do remate da construción dos Royale, Bugatti construíu un ferrobús accionado por dúas ou catro das unidades de oito cilindros. Foron construídos setenta e nove para o Tren Nacional de Francia SNCF, utilizando o novo motor 186, o último deles permaneceu en uso regular ata 1956[3] ou 1958 (as fontes difiren). O vagón converteu o fracaso económico do Royale nun éxito comercial para Bugatti. Os motores reduciron a potencia para producir só uns 200 cabalos de forza, pero ata nesta forma proporcionaron un excelente rendemento.[3] Un dos vagóns logrou unha marca de velocidade media mundial de 196 km/h.

Réplicas

[editar | editar a fonte]
Vista anterioe e posterior da réplica Esders
Réplica do Royale Esders Coupe dos irmáns Schlumpf, en exhibición no Salón de París de 2006.
Replica do Coupe Napoleón, feito para a película francesa Rebus cun motor V8 americano, que actualmente está no Sinsheim Auto e Technik Museum.

En vista da escaseza do tipo 41 e o seu prezo asociado, non é sorprendente que se fixeran algunhas réplicas.

Aos irmáns Schlumpf gustáballes a carrozaría cupé orixinal do chasis 41.111 do Dr. Armand Esders, e usando pezas orixinais de Bugatti fixeron unha réplica do coche. Agora gárdase cos dous orixinais no Museo Nacional do Automóbil de Mulhouse.[7]

O defunto Tom Wheatcroft encargou a Ashton Keynes Restauracións vintage construír unha réplica exacta do coche persoal de Bugatti, o Cupé Napoleón (chasis número 41.110), para a súa Donington Grand Prix Collection de Inglaterra. Desde entón vendeuse e saíu da colección. Tan boa foi a réplica, que cando o coche Kellner necesitou un pistón de reposto, os seus propietarios xaponeses encargaron a South Cerney Engineering a peza de reposto.

O máis pequeno Panther De Ville (producido entre 1974 e 1985) conscientemente parecíase ao tipo 41.

80 aniversario

[editar | editar a fonte]

En 2007, para celebrar o octoxésimo aniversario do Royale, cinco dos seis coches atopábanse en exhibición no Festival Goodwood de Velocidade.[7]

Datos técnicos

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
Referencias
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "The most expensive car in the world". The Daily Telegraph. 2002-03-22. Consultado o 01-01-2009. 
  2. Rob Pattinson (1 de xaneiro de 2009 regionwide edition). "The Wheels of Fortune (front page), History of the well-kept car (section, p5)". Evening Chronicle. p. 1,4,5. O instinto de atesouramento do Dr. Carr significou que o coche mantívose prácticamente intacto e sen uso desde a década de 1960. A venda récord actual para un coche en poxa é de 4,7 millóns de libras, para un Bugatti Royale Kellner Coupe de 1931, vendido en 1987. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 "The car of Kings". Motor: pages 17–20. 8 February 1969. 
  4. "Royale Driving Report". bugatti.com. Arquivado dende o orixinal o 09-03-2013. Consultado o 15-07-2013. 
  5. "1930 Bugatti Royale Esders". seriouswheels.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2013. Consultado o 03-012009. 
  6. "The Most Beautiful Bugatti Royale Ever Made". bugattipage.com. Consultado o 03-01-2009. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Bugatti Type 41 Royale Binder Coupe de Ville". ultimatecarpage.com. Consultado o 01-01-2009. 
  8. "Bugatti Type 41 Royale Weinberger Cabriolet". ultimatecarpage.com. Consultado o 01-01-2009. 
  9. "Bugatti Type 41 Royale Park Ward Limousine". ultimatecarpage.com. Consultado o 01-01-2009. 
  10. "Briggs Cunningham". briggscunningham.com. Consultado o 14-03-2016. 
  11. "Kellner Bugatti T41 Royale". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-20. 
  12. "Bugatti Type 41 Royale Kellner Coach". ultimatecarpage.com. Consultado o 01-01-2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]