Byron Scott | |
---|---|
![]() | |
Posición | Escolta |
Dorsal | 4 |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 88 kg (194 lb) |
Nacemento | 28 de marzo de 1961![]() |
Carreira | |
Universidade | Arizona State |
Tempadas | 1983–1998 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 15 097 (14,1 pp) |
Asistencias | 2 729 (2,5 pp) |
Roubos | 1 224 (1,1 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
|
Byron Anton Scott, nado o 28 de marzo de 1961 en Ogden, Utah, é un antigo xogador e adestrador profesional de baloncesto norteamericano. Nesta faceta chegou a gañar en 2008 o galardón ó Adestrador do Ano da NBA. Coma universitario, xogou nas ringleiras da Arizona State University.
Foi elixido no draft de 1983 polos San Diego Clippers en cuarta posición. Foi traspasado ao ano seguinte aos seus veciños Los Angeles Lakers xunto con Swen Nater a cambio do xa veterano Norm Nixon, e foi neste equipo onde alcanzou os seus maiores éxitos coma profesional, ao coincidir no tempo con xente mítica do talle de Magic Johnson ou Kareem Abdul Jabbar, cos que gañou tres aneis de campión da NBA. Tras pasar por equipos coma os Indiana Pacers, os Vancouver Grizzlies ou o equipo grego do Panathinaikos, volveu na súa última tempada en activo aos Lakers, onde compartiu minutos con Kobe Bryant ou Shaquille O'Neal. Durante toda a súa traxectoria distinguiuse coma un dos mellores tiradores da NBA.
Adestrou durante dous anos aos New Jersey Nets, aos cales levou nas tempadas 2001-02 e 2002-03 ás Finais da NBA.
Scott converteuse en adestrador dos New Orleans Hornets na tempada 2003-04. Tras máis de 4 tempadas, foi despedido o 12 de novembro de 2009. Durante esta etapa, foi nomeado na tempada 2007-08 Adestrador do Ano da NBA con 458 votos, 216 máis que o segundo clasificado. Este mesmo ano foi seleccionado para adestrar ao equipo do Oeste no NBA All-Star Game de Nova Orleáns.
O 2 de xullo de 2010, Scott foi nomeado adestrador dos Cleveland Cavaliers, días antes de que a súa estrela LeBron James se fora ós Miami Heat.[1][2] Tras dúas tempadas con récord negativo, foi despedido o 18 de abril de 2013.[3]