Longevida San Pablo Burgos | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LEB Ouro |
Alcume | Azulones |
Fundación | 2015 |
Historia | CB Miraflores (2015−2017) |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Félix Sancho |
Adestrador | Žan Tabak |
Patrocinador | San Pablo Inmobiliaria |
Localización | |
Cidade | Burgos, España |
Pavillón | Coliseum Burgos |
Capacidade | 9 352 |
Inauguración | 28 de xuño de 1967 |
Campionatos | |
Champions League | 2 (2020, 2021) |
sanpabloburgos.com |
O Club Baloncesto San Pablo Burgos S.A.D.,[1] até 2017 Club Baloncesto Miraflores,[2] e actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Longevida San Pablo Burgos, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Burgos, Castela e León. Actualmente compite na Liga LEB Ouro. O equipo, que xa existía desde nivel provincial en 1994, foi convertido en equipo profesional en 2015 para substituír o CB Tizona despois de que este non puidese ascender á ACB. O equipo disputa os seus partidos como local no Coliseum Burgos, pavillón con capacidade para 9 352 espectadores.[3]
Antes de crear o equipo profesional, o Club Baloncesto Miraflores era un equipo da liga provincial de Burgos fundado en 1994.[4] O equipo profesional foi creado en agosto de 2015 co obxectivo de substituír o Club Baloncesto Tizona, que non puido ascender á Liga ACB ao final da temporada 2014−15, como o principal club da cidade, sendo admitido en LEB Ouro o 28 de agosto de 2015.[5] Na súa primeira temporada en LEB Ouro o club acadou a terceira posición, obtendo o dereito a xogar os playoffs de ascenso. Porén, perden en semifinais contra o Peñas Huesca por 1−3.
Na súa segunda temporada o club clasificouse para a Copa Princesa de Asturias e o 10 de xuño de 2017 e ascendeu á liga ACB. Na súa primeira temporada en ACB, os burgaleses comezaron con sete derrotas consecutivas, complicando a súa permanencia na competición. Porén, unha vitoria ante o UCAM Murcia e a chegada do escolta estadounidense John Jenkins, cambiaron a tendencia negativa dos casteláns. Finalmente, acaban a temporada en décimo cuarto posto con 13 vitorias. Na súa segunda temporada en ACB melloraron o resultado obtendo 15 vitorias e acabando en undécima posición, dándolles pé para xogar a Basketball Champions League.
Na temporada 2019−20, acabaron a temporada regular en décimo lugar. Debido á situación derivada da pandemia de COVID-19, doce equipos disputaron os playoffs polo título en lugar dos habituais oito, o que lles permitiu xogar unha fase de playoffs na que chegan ás semifinais. Na competición europea o equipo tivo unha estrea destacábel ao conseguir vencer na final ao AEK Atenas por 85−74. En 2021 o equipo volver gañar a Basketball Champions League após venceren na final ao Pınar Karşıyaka 64−59.
Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
Hereda San Pablo Burgos 2021−2022 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
A seguinte é unha lista dos adestradores do CB Miraflores.
FIBA Intercontinental Cup:
Copa Castilla y León
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015–16 | 2 | LEB | 4º | 22–17 | ||||||
2016–17 | 2 | LEB | 2º | 33–10 | Copa Princesa | 2º | ||||
2017–18 | 1 | ACB | 14º | 13–21 | ||||||
2018–19 | 1 | ACB | 11º | 15–19 | ||||||
2019–20 | 1 | ACB | 4º | 15–19 | 3 Champions League | 1º | 13–6 | |||
2020–21 | 1 | ACB | 6º | 22–16 | Cuartos de final | 3 Champions League | 1º | 12–3 | ||
2021–22 | 1 | ACB | 18º | 10–24 | 3 Champions League | PI | 5–4 |