Para o premio ao campión da American Hockey League vexa Calder Cup
O Calder Memorial Trophy é un trofeo anual outorgado "ao xogador seleccionado como o máis competente no seu primeiro ano de competición na National Hockey League".[1] Servindo como premio ao Novato do Ano na NHL, esta versión do trofeo entrégase dende a súa creación na tempada 1936-1937 da NHL. A votación lévase a cabo por membros da Professional Hockey Writers' Association ao final da liga regular para determinar o gañador.
O trofeo recibe o seu nome en honor a Frank Calder, o antigo Presidente da National Hockey League (NHL) dende a súa creación en 1917 ata a súa morte en 1943. Aínda que o premio de Rookie of the Year (Novato do Ano) é entregado dende a tempada 1932-33, o Calder Trophy foi presentado por primeira vez ao final da tempada 1936-37.[2] Despois da morte de Calder en 1943, o trofeo foi renomeado como Calder Memorial Trophy.[1]
En 1990, Sergei Makarov, dos Calgary Flames, converteuse no xogador máis vello, con 31 anos, en gañar o Calder, malia ter xogado para o equipo "non oficialmente" profesional do HC CSKA Moscova (o equipo do "Exército Vermello") na Unión Soviética.[3] Logo desta tempada, as condicións para conceder o Calder foron modificadas para que só puideran ser elixidos xogadores menores de 26 anos o 15 de setembro na súa tempada como rookies.[1]
Para ser elixible para o premio, un xogador non pode ter xogado máis de 25 partidos con anterioridade nunha soa tempada, nin ter xogado en máis de seis partidos en cada unha das dúas tempadas anteriores en algunha liga profesional maior.[1] "O último feito foi quizais máis importante cando, na tempada 1979-80, o fenómeno de primeiro ano Wayne Gretzky non foi elixible para gañar o Calder Trophy a pesar de ter conseguido 137 puntos (o récord para un novato ata aquela era de 95 puntos), porque xa xogara unha tempada completa na World Hockey Association.[4] En 1991, o porteiro Ed Belfour gañou o Calder tendo aparecido en 32 partidos cos Chicago Blackhawks entre as tempadas 1988–89 e 1989–90.[5] Belfour foi elixible para o premio porque 9 deses partidos tiveron lugar durante os play-offs da Stanley Cup en 1990, e os outros 23 partidos tiveron lugar durante a tempada 1988-89. Os nove partidos dos play-offs e 33 partidos xogados coa selección masculina de hóckey sobre xeo do Canadá non contaron para os requisitos de elixibilidade da liga regular. Na tempada 2010-11, Logan Couture foi elixible para o Calder Trophy a pesar de ter xogado en 40 partidos previos (25 na liga regular e 15 nos play-offs, todos na tempada 2009-10), mentres que Alex Pietrangelo non foi elixible a pesar de ter xogado só 17 partidos previos (8 na tempada 2008-09 e 9 na 2009–10, ambas veces enviado de novo a júniors).
O premio ten sido gañado a maioría das veces por rookies dos Toronto Maple Leafs, que o gañaron en nove ocasións.
A votación é realizada ao final da liga regular por membros da Professional Hockey Writers Association, e cada votante individual clasifica aos seus cinco mellores xogadores segundo un sistema que outorga 10–7–5–3–1 puntos.[6] Finalmente nomínanse tres finalistas e o trofeo é entregado durante a cerimonia dos NHL Awards logo da finalización dos play-offs.
C | Centro | LW | Extremo Esquerdo |
D | Defensa | RW | Extremo Dereito |
G | Porteiro |
Xogador aínda activo na NHL
Tempada | Gañador | Equipo | Posición | Idade |
---|---|---|---|---|
1932–33 | ![]() |
Detroit Red Wings | C | 25 |
1933–34 | ![]() |
Montreal Maroons | C | 25 |
1934–35 | ![]() |
New York Americans | LW | 22 |
1935–36 | ![]() |
Chicago Black Hawks | G | 23 |
1936–37 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | C | 21 |
1937–38 | ![]() |
Chicago Black Hawks | C | 24 |
1938–39 | ![]() |
Boston Bruins | G | 24 |
1939–40 | ![]() |
New York Rangers | LW | 25 |
1940–41 | ![]() |
Montreal Canadiens | C | 19 |
1941–42 | ![]() |
New York Rangers | RW | 19 |
1942–43 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | RW | 19 |
1943–44 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | C | 20 |
1944–45 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | G | 25 |
1945–46 | ![]() |
New York Rangers | C | 25 |
1946–47 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | RW | 21 |
1947–48 | ![]() |
Detroit Red Wings | C | 27 |
1948–49 | ![]() |
New York Rangers | RW | 22 |
1949–50 | ![]() |
Boston Bruins | G | 24 |
1950–51 | ![]() |
Detroit Red Wings | G | 20 |
1951–52 | ![]() |
Montreal Canadiens | RW | 20 |
1952–53 | ![]() |
New York Rangers | G | 23 |
1953–54 | ![]() |
New York Rangers | C | 20 |
1954–55 | ![]() |
Chicago Black Hawks | RW | 22 |
1955–56 | ![]() |
Detroit Red Wings | G | 23 |
1956–57 | ![]() |
Boston Bruins | RW | 26 |
1957–58 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | LW | 19 |
1958–59 | ![]() |
Montreal Canadiens | C | 20 |
1959–60 | ![]() |
Chicago Black Hawks | C | 23 |
1960–61 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | C | 20 |
1961–62 | ![]() |
Montreal Canadiens | RW | 21 |
1962–63 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | D | 26 |
1963–64 | ![]() |
Montreal Canadiens | D | 21 |
1964–65 | ![]() |
Detroit Red Wings | G | 22 |
1965–66 | ![]() |
Toronto Maple Leafs | LW | 20 |
1966–67 | ![]() |
Boston Bruins | D | 18 |
1967–68 | ![]() |
Boston Bruins | C | 21 |
1968–69 | ![]() |
Minnesota North Stars | RW | 23 |
1969–70 | ![]() |
Chicago Black Hawks | G | 26 |
1970–71 | ![]() |
Buffalo Sabres | C | 19 |
1971–72 | ![]() |
Montreal Canadiens | G | 24 |
1972–73 | ![]() |
New York Rangers | LW | 21 |
1973–74 | ![]() |
New York Islanders | D | 19 |
1974–75 | ![]() |
Atlanta Flames | LW | 20 |
1975–76 | ![]() |
New York Islanders | C | 19 |
1976–77 | ![]() |
Atlanta Flames | RW | 21 |
1977–78 | ![]() |
New York Islanders | RW | 20 |
1978–79 | ![]() |
Minnesota North Stars | C | 20 |
1979–80 | ![]() |
Boston Bruins | D | 19 |
1980–81 | ![]() |
Quebec Nordiques | C | 24 |
1981–82 | ![]() |
Winnipeg Jets | C | 18 |
1982–83 | ![]() |
Chicago Black Hawks | RW | 21 |
1983–84 | ![]() |
Buffalo Sabres | G | 18 |
1984–85 | ![]() |
Pittsburgh Penguins | C | 19 |
1985–86 | ![]() |
Calgary Flames | D | 21 |
1986–87 | ![]() |
Los Angeles Kings | LW | 20 |
1987–88 | ![]() |
Calgary Flames | C | 21 |
1988–89 | ![]() |
New York Rangers | D | 20 |
1989–90 | ![]() |
Calgary Flames | RW | 31 |
1990–91 | ![]() |
Chicago Blackhawks | G | 25 |
1991–92 | ![]() |
Vancouver Canucks | RW | 20 |
1992–93 | ![]() |
Winnipeg Jets | RW | 22 |
1993–94 | ![]() |
New Jersey Devils | G | 21 |
1994–95 | ![]() |
Quebec Nordiques | C | 21 |
1995–96 | ![]() |
Ottawa Senators | RW | 22 |
1996–97 | ![]() |
New York Islanders | D | 19 |
1997–98 | ![]() |
Boston Bruins | LW | 19 |
1998–99 | ![]() |
Colorado Avalanche | C | 22 |
1999–2000 | ![]() |
New Jersey Devils | C | 19 |
2000–01 | ![]() |
San Jose Sharks | G | 25 |
2001–02 | ![]() |
Atlanta Thrashers | RW | 20 |
2002–03 | ![]() |
St. Louis Blues | D | 21 |
2003–04 | ![]() |
Boston Bruins | G | 23 |
2004–05 | Non houbo gañador a causa do lockout da NHL 2004–05 |
- | - | - |
2005–06 | ![]() |
Washington Capitals | LW | 20 |
2006–07 | ![]() |
Pittsburgh Penguins | C | 20 |
2007–08 | ![]() |
Chicago Blackhawks | RW | 19 |
2008–09 | ![]() |
Columbus Blue Jackets | G | 21 |
2009–10 | ![]() |
Buffalo Sabres | D | 20 |
2010–11 | ![]() |
Carolina Hurricanes | C | 18 |
2011–12 | ![]() |
Colorado Avalanche | LW | 19 |
2012–13 | ![]() |
Florida Panthers | C | 19 |
2013–14 | ![]() |
Colorado Avalanche | C | 18 |
|
|
|
Equipo | Nº de xogadores | |
---|---|---|
1. | Toronto Maple Leafs | 9 |
2. | Chicago Blackhawks | 8 |
New York Rangers | 8 | |
Boston Bruins | 8 | |
5. | Montreal Canadiens | 6 |
6. | Detroit Red Wings | 5 |
7. | New York Islanders | 4 |
8. | Buffalo Sabres | 3 |
Calgary Flames | 3 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |