Candida | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Candida albicans vista a 200 X | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
'Candida vulgaris' Berkh. (1923) |
Candida é un xénero de fungos do grupo dos lévedos, que causa as infeccións fúnxicas humanas máis comúns en todo o mundo.[1] Moitas das especies deste xénero son conmensais inofensivos ou endosimbiontes de hóspedes incluíndo os humanos; porén, cando se alteran as barreiras mucosas ou o sistema inmunitario está comprometido poden invadir o corpo e causar doenzas.[2] A especie que máis se illa é Candida albicans, que causa a candidíase en humanos e outros animais. Durante a elaboración do viño, algunhas especies de Candida poden potencialmente estragar o viño.[3]
Moitas especies forman parte da flora intestinal, incluíndo C. albicans en hóspedes mamíferos, mentres que outras viven como endosimbiontes en insectos.[4][5][6]
As infeccións sistémicas do torrente sanguíneo e dos principais órganos (candidemia ou candidíase invasiva), especialmente en pacientes inmunocomprometidos, son tamén frecuentes.[7]
Secuenciouse o ADN de varias especies de Candida.[7]
Os antibióticos favorecen as infeccións de lévedos, incluíndo o sobrecrecemento gastrointestinal de Candida, e a penetración da mucosa gastrointestinal.[8] Aínda que as mulleres son máis susceptible a infeccións xenitais por lévedos, os homes poden tamén infectarse. Certos factores, como un uso prolongado de antibióticos, incrementan o risco tanto para homes coma para mulleres. As persoas con diabetes ou sistema inmunitarios deteriorados, como as que teñen infección por VIH, son máis susceptibles ás infeccións por lévedos.[9][10]
Candida antarctica é unha fonte importante industrialmente de encimas lipases.
Cultivada en laboratorio, Candida forma colonias grandes redondas, de cor branca ou crema (no caso de C. albicans) con cheiro a fungo en placa de ágar a temperatura moderada.[11] A especie máis importante, C. albicans fermenta a glicosa e a maltosa a ácido e gas, e a sacarosa a ácido, e non fermenta a lactosa, o que axuda a distinguila doutras especies de Candida.[12]
As Candida están presentes practicamente en todas as persoas en pequeno número na pel adulta saudable,[12] e a especie albicans é parte da flora normal das membranas mucosas dos tractos gastrointestinal, respiratorio, e do tracto xenital feminino. No caso da pel, a súa sequidade comparada coa doutros tecidos impide o crecemento do fungo, pero a pel danada ou a pel en rexións intertrixinosas (onde a pel roza coa pel) é máis axeitada para un rápido crecemento do fungo.[13]
O sobrecrecemento de varias especies entre as cales está albicans pode causar infeccións superficiais como a candidíase orofarínxea e a candidíase vulvovaxinal (candidíase vaxinal). A candidíase oral é común en persoas que teñen que usar dentamia postiza.[14] En individuos que estaban sans, estas infeccións poden curar con medicación antifúnxica tópica ou sistémica[15] (medicamentos que se poden comprar sen receita son, por exemplo, miconazole ou clotrimazole). En pacientes debilitados ou inmunocomprometidos, ou cando se introduce por vía intravenosa, a candidíase pode converterse nunha doenza sistémica que produce abscesos, tromboflebite, endocardite, ou infeccións dos ollos ou outros órganos.[7][12] Normalmente, un requisito para que Candida poida atravesar as defensas da pel e cause doenzas nos tecidos profundos é que haxa unha neutropenia relativamente grave; neses casos, a alteración mecánica dos sitios da pel infectada é un factor típico na invasión dos fungos dos tecidos profundos.[13]
A colonización do tracto gastrointestinal por C. albicans despois dunha terapia con antibióticos pode non causar síntomas.[12]
Entre as especies de Candida, a especie que forma parte da flora intestinal normal e é comensal na pel e tractos gastrointestinais e xenitourinarios C. albicans, é responsable da maioría das infeccións por Candida no torrente sanguíneo (candidemia). Pero existe tamén unha crecente incidencia de infeccións causadas por C. glabrata e C. rugosa, que se poden deber a que xeralmente son menos susceptibles aos antifúnxicos azol de uso frecuente.[16] Outras especies de Candida importantes medicamente son: C. parapsilosis, C. tropicalis, e C. dubliniensis.[7]
Outras especies de Candida como C. oleophila foron utilizadas como axentes de control biolóxico na froita.[17]
A especie Candida albicans foi utilizada en combinación con nanotubos de carbono para producir tecidos de materiais de bio-nano-composite condutores electricamente estables, que se utilizaron como elementos sensores da temperatura.[18]
Lista de especies: