Infotaula de personaCarlomagno

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 742 ↔ 2 de abril de 748 Editar o valor em Wikidata
Reino franco () Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 814 Editar o valor em Wikidata (64/74 anos)
Aquisgrán (Reino franco) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Aquisgrán
Capela palatina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
25 de decembro de 800 – 28 de xaneiro de 814
← sen valor – Lois I o Piadoso →
Rei dos francos
9 de outubro de 768 – 28 de xaneiro de 814
← Pipino III o Breve, Carlomán ILois I o Piadoso →
Rei dos longobardos
28 de xaneiro de 814
← DesiderioBernardo de Italia →
Duque de Baviera
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino franco Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , monarca Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlta Idade Media Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina, lingua grega e lingua fráncica Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (800–814)
Rei dos longobardos (774–814)
Rei dos francos (768–814) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Carolinxia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLutegarda da Alemanha (794, 794 (Gregoriano)–)
Fastrada (783, 784 (Gregoriano)–)
Hildegarda de Vinzgau (771, 772 (Gregoriano)–783)
Desiderata (770, 770 (Gregoriano)–771)
Himiltrude
ParellaAdelinda (pt) Traducir (806–)
Regina (pt) Traducir (800–)
Gersuinda (pt) Traducir (798–)
Madelgarda (pt) Traducir (796–)
Himiltrude (pt) Traducir (768–) Editar o valor em Wikidata
FillosPipino o Xiboso
 () Himiltrude (pt) Traducir
Lotário (pt) Traducir
 () Hildegarda de Vinzgau
Adelaide (pt) Traducir
 () Hildegarda de Vinzgau
Alpaida (pt) Traducir
 () Himiltrude (pt) Traducir
Hildegarda (pt) Traducir
 () Hildegarda de Vinzgau
Hiltrude (pt) Traducir
 () Fastrada (pt) Traducir
Chrotais (en) Traducir
 () valor descoñecido
Rodaida (pt) Traducir
 () Madelgarda (pt) Traducir
Teodorico (pt) Traducir
 () Adelinda (pt) Traducir
Hugh (en) Traducir
 () Regina (pt) Traducir
Teodrada (pt) Traducir
 () Fastrada (pt) Traducir
Rotrude
 () Hildegarda de Vinzgau
Carlos o Mozo
 () Hildegarda de Vinzgau
Drogon de Metz (pt) Traducir
 () Regina (pt) Traducir
Berta (pt) Traducir
 () Hildegarda de Vinzgau
Lois I o Piadoso
 () Hildegarda de Vinzgau
Pipino de Italia
 () Hildegarda de Vinzgau
Gisela (en) Traducir
 () Hildegarda de Vinzgau
Adaltruda (pt) Traducir
 () Gersuinda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPipino III o Breve Editar o valor em Wikidata  e Berta de Laon Editar o valor em Wikidata
IrmánsGisela (pt) Traducir, Adelais (pt) Traducir, Chrothais (pt) Traducir, Carlomán I e Pepin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX977993 WikiTree: Carolingian-77 Find a Grave: 6623 Editar o valor em Wikidata

Carlomagno, ou Carlos, o Grande, ou mesmo Carlos I nas listaxes reais de Francia e Alemaña, nado o 2 de abril do 747 e finado o 28 de xaneiro do ano 814, foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos longobardos (a partir de 774), e tamén o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano (coroado o 25 de decembro do ano 800), restaurando así o antigo Imperio Romano de Occidente.

Traxectoria

Primeiros anos

A data e o lugar de nacemento de Carlomagno son descoñecidos. Así o explica o seu biógrafo Eginard na Vita Karoli Magni:[1]

Do seu nacemento e primeiros anos, e mesmo da súa infancia, como non hai nada declarado por escrito nin se encontra xa a ninguén que diga ter coñecemento disto, xulgo absurdo escribir.

Até mediados do século XX, considerábase que Carlomagno nacera o 2 de abril do 742, mais varias razóns levaron a reconsiderar a veracidade da data tradicional. En primeiro lugar, o ano de 742 foi calculado a partir da idade que lle era atribuída na altura da súa morte, e non a partir directamente de documentos históricos. En segundo lugar, 742 precede o casamento dos seus pais (en 744) – e non hai ningunha referencia a que Carlomagno fose fillo ilexítimo, o que, ademais, imposibilitaría que este fose designado o seu herdeiro. Nos Annales Petarienses indícase que o seu nacemento acontecería o 2 de abril de 747 – día de Pascua, nese ano. Como o nacemento dun emperador, na Pascua, provocaría, sen dúbida, comentarios dos cronistas da época – e como eses comentarios non existen en lado ningún, sospéitase que a atribución sexa unha ficción piadosa, coa única intención de honrar o emperador. Outros historiadores, ponderando as fontes históricas, suxiren que o seu nacemento ocurriría un ano máis tarde, en 748. Actualmente non é posíbel, polo tanto, indicar con precisión a data de nacemento de Carlomagno. Os mellores historiadores inclúen, certamente, o 2 de abril de 747, despois, o 15 de abril de 747 ou, talvez, o 2 de abril de 748.[2]

Canto ao lugar de nacemento, os historiadores barallan como lugares máis probábeis Aquisgrán e Herstal, preto de Liexa[3]. Ambos lugares están preto da rexión onde se orixinaron as dinastías merovinxia e carolinxia.

Nada se sabe tampouco da súa infancia. Os documentos existentes sinalan que tivo un irmán,Carlomán, e unha irmá, Gisela, que chegaron á idade adulta; tres irmáns que non pasaron da infancia: Pipino, Rotaida e Adelaida; e outras dúas irmás das que non se coñecen os nomes.[2]

Morte do irmán e conquista de Saxonia

Coa morte do seu pai Pipino o Breve, o reino foi dividido entre Carlomagno e o seu irmán Carlomán (que gobernou a Austrasia). Carlomán morreu o 4 de decembro de 771, deixando a Carlomagno como líder dun reino franco reunificado. Carlomagno estivo envolvido constantemente en batallas durante o seu reinado.

Conquistou a Saxonia no século VIII, un obxectivo que foi o soño inalcanzábel de Augusto. Foron necesarios máis de dezaoito batallas para que Carlomagno conseguise esta vitoria definitiva. A primeira foi a toma de Eresburgo, á que seguiu a corta da árbore sacra dos saxóns (Irminsul) Procedeu á conversión forzada ao catolicismo dos pobos conquistados, masacrando os que se recusaban a converterse. No 782 perpetrouse a matanza de Verden der Aller, unha execución en masa de campesiños saxóns rebeldes. A creación das dioceses de Maguncia e Colonia supón un pulo organizado á cristianización dos xermanos, a través dunha rede de bispados sufragáneos. Mediante a Lex saxonum busca unha síntese entre o dereito franco e os costumes saxóns.

Conquista do reino longobardo

Monograma de Carlomagno (KRLS) no anverso dunha moeda longobarda cuñada ao seu nome

O rei Desiderio buscou neutralizar a influencia franca en Italia casando á súa filla con Carlomagno. Pero este non deixou por iso de acudir á petición de protección do Papa Hadrián I. Iniciou unha campaña no norte de Italia que culminou na toma de Pavia. Desiderio renunciou ao seu trono que foi incorporado ao reino franco (774). Carlomagno proclámase rei dos francos e longobardos e asume a defensa dos nacentes estados pontificios.

Guerras contra os eslavos

No leste, sucesivas vitorias fan tributarios a pobos eslavos como os wilzos, sorabos e checos. Así mesmo, suprime o ducado hereditario de Baviera. Tras os ataques dos avaros, emprende contra eles sucesivas campañas que supoñen a destrución das súas fortalezas e o seu sometemento definitivo. A través do arcebispado de Salzburgo, procédese á evanxelización destes pobos.

A marca hispánica

Carlomagno realizou unha importante campaña alén dos Pireneos que supuxo a toma de Pamplona e o sitio de Zaragoza. Consolidou unha fronteira fronte aos árabes españois que sería a orixe do Condado de Barcelona e o Reino de Navarra en territorio vascón latinizado. Ao regreso, os vascos infrinxiron unha derrota ao exército franco na batalla de Roncesvales. Esta deu orixe á Chanson de Rolando. Esta expansión pola Península Ibérica tivo o seu eco no recoñecemento por parte do Occidente cristián do illado reino galaico-ástur de Afonso II o Casto.

Coroado emperador

En 800, durante a misa de Nadal en Roma, o Papa León III coroou a Carlos Magno como emperador, título en desuso no occidente desde a abdicación de Rómulo Augústulo en 476 (aproveitando o feito de entón reinar no Oriente unha muller, a emperatriz Irene, o que era considerado un baleiro de poder significativo). Aínda que o título lle axudase a afirmar a súa independencia en relación a Constantinopla, Carlomagno apenas o usou bastante máis tarde, xa que receaba ficar dependente, por outro lado, do poder papal.

Mediante o Tratado de Aquisgrán entre Carlomagno e o emperador de Bizancio Miguel I, aquel foi recoñecido como emperador a cambio de recoñecer o poder bizantino sobre Venecia e Dalmacia.

Morte

Despois de pasar o outono de 813 de cacería, volveu para Aquisgrán o 1 de novembro. Conta Eginard que en xaneiro de 814, enfermou de pleuresía e que o 21 entrou en coma, morrendo o 28.[1] Carlos foi sepultado o mesmo día da súa morte na catedral de Aquisgrán, a pesar de que o tempo frío e a natureza da súa enfermidade non impuñan apuro ningún ao seu enterro.

Foi sucedido polo seu único fillo varón supervivente, Ludovico, quen fora chamado o ano anterior de Aquitania, onde era rei, á corte de Carlomagno. Unha vez alí, coroouno coas súas propias mans como coemperador, para logo envialo de regreso para Aquitania. O seu imperio permaneceu intacto unha soa xeración máis; a historiografía afirma que a división efectiva entre os fillos de Ludovico orixinou a formación dos modernos estados de Francia e Alemaña.

Políticas e logros

Carlomagno

Carlomagno ampliou os reinos francos para convertelos no imperio franco que incluíu gran parte de Europa occidental e central. Durante o seu mandato, conquistou Italia e foi coroado Imperator Augustus por León III o 25 de decembro de 800, feito que o converteu temporalmente en rival directo do emperador bizantino en Constantinopla.

O seu goberno asóciase co Rexurdimento carolinxio, un rexurdimento das artes, o sentimento relixioso, e a cultura grazas ao traballo da igrexa católica[Cómpre referencia]. Por medio das súas conquistas exteriores e as reformas internas, contribuíu a definir o que logo sería a Europa occidental.

Organización do Imperio

Organízase a corte imperial, o tribunal palatino e a chancelería. Consolídase a administración condal e as súas asembleas de homes libres baixo a supervisión dos Missi dominici ou enviados do emperador. Dirixe a casa real o camarlengo. O emperador ten plena potestade para chamar ás armas e impartir xustiza e presidir sínodos eclesiásticos e nomea bispos e abades. Funda a Schola Palatina a onde trae sabios de toda Europa. Pon á fronte da mesma ao eclesiástico Alcuíno de York que dá pulos a un renacemento cultural. O emperador impulsa tamén o labor formativo e caritativo dos mosteiros. Desenvólvese a escrita carolinxia.

Sistema monetario

Diñeiro de Carlomagno cuñado na ceca de Pavia.

Continuando as reformas iniciadas polo seu pai, Carlomagno avanzou cun sistema monetario baseado no soldo de ouro -procedemento seguido tamén polo rei Offa de Mercia-. Instituíu un novo patrón monetario a partir de unidades de medida como a libra e o propio soldo que eran, até a data, só unidades de medida (só o denier se mantivo como unha das moedas do seu dominio). Nótese que o sistema monetario inglés antes da decimalización ten semellanzas con este: efectivamente, a libra inglesa (pound) valía 20 xilins (analogamente aos soldos de Carlomagno) ou 240 pence (de forma semellante aos deniers instituídos por este emperador).

Carlomagno aplicou este sistema a unha gran parte do continente europeo, mentres que o patrón de Offa foi voluntariamente adoptado pola maior parte do territorio inglés.

Familia

Carlomagno foi o fillo máis vello de Pipino o Breve (714 – 24 setembro 768), primeiro rei carolinxio dos francos (rei desde o 751), e de Berta de Laon, filla de Cariberto de Laon. Moitos historiadores consideran que Carlomagno era fillo ilexítimo porque naceu antes de que seus pais contraesen un matrimonio canonicamente válido,[4][5][6] aínda que outros afirman que isto é discutible[7]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Ansegisel
 
 
 
 
 
 
 
8. Pipino de Herstal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Begga de Landen
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos Martel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Quildebrando da Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
9. Alpaida
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19.
 
 
 
 
 
 
 
2. Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Guerino, conde de París
 
 
 
 
 
 
 
10. Santo Lievin, Conde de Tréveris
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Gunza de Tréveris
 
 
 
 
 
 
 
5. Rotruda de Tréveris
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22.
 
 
 
 
 
 
 
11. Guilgarda de Worms
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23.
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24.
 
 
 
 
 
 
 
12.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25.
 
 
 
 
 
 
 
6. Cariberto de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Teodorico III de Neustria
 
 
 
 
 
 
 
13. Berta de Prüm
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Santa Clotilde de Herstal
 
 
 
 
 
 
 
3. Berta de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Teodo V de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
14. Grimualdo de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Folchaid de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
7. Berta da Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Dagoberto I de Austrasia
 
 
 
 
 
 
 
15. Biltrude de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Nantilde de Austrasia
 
 
 
 
 
 
Sarcófago de Carlos Martel, avó paterno de Carlomagno.

Matrimonios e herdeiros

Concubinatos e fillos ilexítimos

As concubinas e fillos que delas tivo Carlomagno son (seguindo a orde nas que as nomea Eginard):[1]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Eginard (2016). Castiella, Pablo J., ed. "Vita Karoli Magni" (en latín e español (edición bilingüe)). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome carolinxios
  3. History.com (ed.). "Charlemagne" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  4. Collins, Roger (1998). Charlemagne (en inglés). University of Toronto Press. p. 32. ISBN 978-0-8020-8218-3. Carlomagno en Google Books.
  5. Matheson, Lister M. (2012). Icons of the Middle Ages: Rulers, Writers, Rebels, and Saints (en inglés). ABC-CLIO. p. 152. ISBN 978-0-313-34080-2. Carlomagno en Google Books.
  6. Fichtenau, Heinrich (1957). The Carolingian Empire (en inglés). University of Toronto Press. p. 39. ISBN 978-0-8020-6367-0. Carlomagno en Google Books.
  7. Magill, Frank N., ed. (1998). Dictionary of World Biography (en inglés). 2: The Middle Ages. Routledge. p. 226. ISBN 978-1-579-58041-4. Carlomagno en Google Books.
  8. Riché, Pierre (2012). Les Carolingiens: une famille qui fit l'Europe (en francés). Hachette. ISBN 9782012795440. 
  9. Hägermann, Dieter (2000). Karl der Grosse: Herrscher des Abendlandes : Biographie (en alemán). Propyläen. p. 82f. ISBN 9783549058268. 
  10. Chamberlin, Russell (2004). The Emperor Charlemagne (en inglés). Sutton. p. 61. ISBN 9780750934824. 
  11. Treffer, Gerd (2001). Die französischen Königinnen. Von Bertrada bis Marie Antoinette (8.-18. Jahrhundert) (en alemán). VMA-Verlag. p. 30. ISBN 9783928127806. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  12. Lewis G. M. Thorpe, ed. (1969). Two Lives of Charlemagne. Classics Series (en inglés) 13. Penguin. p. 185. ISBN 9780140442137. By [Hildigard] Charlemagne had four sons and four daughters, according to Paul the Deacon: one son, the twin of Lewis, called Lothar, died as a baby and is not mentioned by Einhard; two daughters, Hildigard and Adelhaid, died as babies, so that Einhard appears to err in one of his names, unless there were really five daughters 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas