Carlos Leal | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1969 |
Lugar | Friburgo |
Nacionalidade | Suíza e España |
Profesión | actor, actor de cinema, actor de televisión e cantante |
Na rede | |
https://www.carloslealartist.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Leal, nado en Friburgo (Suíza) en 1969, é un rapeiro e actor suízo, de orixe galega. Deuse a coñecer como membro do grupo de hip hop Sens Unik, co que acadou grande éxito, antes de comezar unha carreira de actor que o levou a aparecer en numerosas producións tanto no cine como na televisión.
Entrou no mundo do hip hop a través do breakdance e en 1987 fundou xunto a outros músicos o grupo Sens Unik, un dos pioneiros do rap suízo. En 1991 gravaron Le VIème sens, cunha cara B cantada completamente en español por Leal. A este álbum seguíronlle outros oito, conseguiron catro discos de ouro e puxeron a banda sonora no aclamado filme La haine.[1]
Logo de producir algúns dos vídeos de Sens Unik e de debutar no teatro cun papel nunha adaptación dunha obra de Almodóvar, decidiu seguir carreira de actor. O seu primeiro papel foi en Week End Break (2002), unha curtametraxe de comedia, e dende entón ten participado en numerosos filmes e series de televisión. Traballou entre outros en Snow White, El comisario, 007 Casino Royale, Los Serrano, R.I.S. Científica, Heidi, 15, Los abrazos rotos, El Internado, O camiño, There Be Dragons, Boulevard du Palais, Devious Maids, Marvel's Agents of S.H.I.E.L.D., Training Day, Better Call Saul ou MacGyver.
Pola súa actuación no filme suízo Snow White (2005), obtivo o premio ao mellor intérprete no festival de cine de Támil Nadu e o premio do cinema suízo ao mellor actor protagonista.
A súa familia é de Moncelos (Abadín). Nado en Friburgo, medrou en Lausana, viviu en París, Madrid[2] e Os Ánxeles coa súa muller de orixe irlandésa coa que fala en francés, e cos seus dous fillos. Alí foi visitado polo programa Pasaporte galego da TVG, presentado por Isabel Blanco.[3]