![]() | |
Nome completo | Caterham F1 Team |
---|---|
Bandeira | ![]() ![]() |
Baseada en | Leafield Technical Centre Leafield, Oxfordshire, Reino Unido |
Tempadas en activo | 3 (2012-2014) |
Número de pilotos | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Debut | Gran Premio de Australia de 2012 |
Carreiras | 56 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Dabi de 2014 |
Caterham F1 Team foi un equipo de Fórmula Un con licenza malaia[1] con sede no Reino Unido. O equipo competiu como Caterham, por primeira vez na tempada de Fórmula Un de 2012, tras o cambio de nome do equipo, que competiu como Lotus Racing en 2011. A marca Caterham competiu no Campionato do Mundo de Fórmula Un desde 2012 ata 2014, trala adquisición do fabricante de coches deportivos británica Caterham Cars polo ex propietario e director do equipo, Tony Fernandes, formando o Grupo Caterham.[2]
En xullo de 2014, Tony Fernandes, e os seus socios anunciaron que venderan o equipo a un consorcio de investidores suízos e de Oriente Medio.[3] O nome "Caterham" utilizouse máis adiante baixo licenza logo da separación do Grupo Caterham.[4]
En outubro de 2014, Caterham entrou en administración concursal e non asistiu por primeira vez na súa historia a unha carreira, o Gran Premio dos Estados Unidos. En novembro de 2014, logo de perderse tamén o Gran Premio do Brasil, Caterham converteuse no primeiro equipo de F1 en recorrer ao crowdfunding, o que permitiulle competir no último Gran Premio de 2014 e tomar parte nos tests finais de tempada ambos celebrados en Abu Dabi.[5] O 27 de febreiro de 2015, a Federación Internacional do Automóbil (FIA) publicou unha lista revisada de participantes que incluía a Manor Marussia e eliminaba a Caterham da lista, o que significou a desaparición oficial do equipo.[6]
O equipo de Fernandes entrou na Fórmula Un en 2010 como Lotus Racing, utilizando o nome de Lotus con licenza de Grupo Lotus. Cando a sociedade do Grupo Lotus Proton termina a licenza, Fernandes adquiriu a propiedade privada do nome Team Lotus para o seu uso na tempada 2011. Como Proton comezou accións legais contra o equipo, Fernandes adquiriu Caterham Cars. En novembro de 2011, o equipo pediu á comisión da Fórmula Un cambiar oficialmente o seu nome de construtor para a tempada de Fórmula Un de 2012 de Lotus a Caterham, mentres que Renault cambiou o seu nome a Lotus.[7] O permiso foi concedido antes de ser ratificado formalmente nunha reunión da FIA Consello Mundial de Automobilismo.[8] O equipo terminou 10º no Campionato de Construtores en 2011, con tres 13º postos, dous de Trulli, o outro de Kovalainen.
Trulli e Kovalainen volveron asinar co equipo, baixo a súa nova denominación de Caterham, para 2012. En xaneiro de 2012, anunciouse que o equipo trasladarase ó Leafield Technical Centre en Leafield, Oxfordshire, a antiga sede dos equipos Arrows e Super Aguri F1.[9]
O 23 de novembro de 2012, anunciouse que o piloto de Marussia Charles Pic asinara un contrato de varios anos co equipo.[10] O seu compañeiro de equipo será o novato Giedo van der Garde. O 1 de marzo de 2013, o equipo anunciou que Alexander Rossi. E Ma Qinghua serían os seus pilotos reserva para a tempada 2013.[11]
Charles Pic logrou 0 14º lugar no Gran Premio de Malaisia de 2013 o mellor resultado do equipo da tempada 2013. O 17 de abril do ano 2013 confirmouse que o equipo volvera a asinar a Heikki Kovalainen como piloto de reserva (papel formal de desenvolvemento técnico) co fin de poñer a proba as súas actualizacións.[12] Ma Qinghua en consecuencia perdeu o seu asento como piloto reserva. No Gran Premio de Bélxica de 2013, Giedo van der Garde igualou a mellor posición de Caterham co posto 14º. Malia ter un coche máis rápido que os seus rivais Marussia, Caterham terminou detrás deles no campionato de construtores terminando no posto 11º.
O 21 de xaneiro de 2014 anunciouse que o equipo tería unha nova aliñación de pilotos con Marcus Ericsson e Kamui Kobayashi.[13]
O dono do equipo Fernandes advertiu ós membros do equipo que ía deixar o equipo se os resultados non melloraban na tempada de 2014[14] Logo do Gran Premio de Mónaco de 2014, Caterham converteuse no equipo co peor rexistro sen conseguir un só punto desde os seus comezos, logo de que os seus rivais de Marussia anotara os seus primeiros puntos desde que entrou na F1 en 2010, co noveno posto de Jules Bianchi. Logo da reestruturación do equipo despois da súa compra por parte dos novos propietarios, o tres veces gañador das 24 Horas de Le Mans André Lotterer foi elixido para facer a súa debut na Fórmula Un,[15] substituíndo a Kobayashi para o Gran Premio de Bélxica de 2014 en Spa-Francorchamps. Lotterer retirouse cedo na carreira.
En xullo de 2014, Caterham F1 anunciou a súa venda a un consorcio de investidores de Oriente Medio e suízos, asesorados polo ex director de equipo de F1 Colin Kolles. O expiloto de F1 holandés, Christijan Albers, asistido por Manfredi Ravetto, converteuse en responsable da xestión do día a día do equipo.[16] Baixo esta nova xestión, de forma inesperada, Kobayashi non competiu no GP belga en Spa-Francorchamps. No seu lugar, o expiloto de probas de Jaguar e tres veces gañador das 24 Horas de Le Mans, André Lotterer, fixo a súa debut na Fórmula 1.[15] Retirouse cedo da carreira debido a problemas mecánicos e perdeu a oportunidade para seguir en Caterham.[17]
O 25 de xullo de 2014, anunciouse que máis de 40 ex empregados estaban tomando accións legais contra o equipo por despedimento improcedente, a raíz dunha serie de recortes de custos por parte dos seus novos donos.[18]
O 21 de outubro de 2014, anunciouse que Caterham entrara en concurso de acredores,[19] anunciouse que Caterham F1 retirou o seu equipo de xestión. Un comunicado emitido en nome de Caterham, dixo que os administradores concursais, Smith & Williamson, tiñan agora no control do equipo.[20] Bernie Ecclestone deu a Caterham permiso para non disputar os grandes premios dos Estados Unidos e o Brasil, durante o seu intento de atopar un novo comprador.[21]
Ademais, Sauber anunciou o compromiso do piloto de Caterham, Marcus Ericsson,[22] para a tempada 2015 e que rescindía o seu contrato con Caterham, o 12 de novembro de 2014.[23]
O 5 de novembro de 2014, a FIA publicou a lista provisional de equipos para 2015 que incluía a Caterham, que se presenta como CF1 Caterham F1 Team.[24]
Durante a fin de semana do Gran Premio do Brasil de 2014, os administradores de Caterham recorreron ao crowdfunding para manter as posibilidades do retorno do equipo á F1, para o desgusto dalgunhas personalidades da F1 incluíndo a Bernie Ecclestone.[25] O 14 de novembro de 2014, Caterham informou que lograra os fondos suficientes,[26] a través da iniciativa de crowdfunding, para competir no último Gran Premio da tempada de Fórmula Un de 2014 en Abu Dabi. Por contraste cos logos das grandes multinacionais que adornan outros coches, segundo informes de prensa, un dos patrocinadores de crowdfunding nos coches de Caterham será un pequeno pub do Reino Unido.[27]
O 16 de novembro de 2014, Caterham anunciou que Kamui Kobayashi pilotaría para o equipo en Abu Dabi[28] e, o 20 de novembro, que o segundo piloto sería o piloto británico de 23 anos, Will Stevens[29] que anteriormente fora piloto de probas do equipo.
En novembro de 2014, malia o regreso de Caterham F1 á competición baixo o control do seu administrador logo da exitosa iniciativa de crowdfunding, os 230 membros do persoal despedidos non participaron directamente nos preparativos do Gran Premio.[30]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | CT05 | Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t | P | AUS | MAL | BHR | CHN | ESP | MON | CAN | AUT | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | USA | BRA | ABU | 0 | 11º | ||
![]() |
Ret | 14 | Ret | 20 | 20 | 11 | Ret | 18 | Ret | 18 | Ret | 17 | 19 | 15 | 17 | 19 | ||||||||||
![]() |
Ret | 13 | 15 | 18 | Ret | 13 | Ret | 16 | 15 | 16 | Ret | 17 | NTS | 19 | Ret | Ret | ||||||||||
![]() |
Ret | |||||||||||||||||||||||||
![]() |
17 | |||||||||||||||||||||||||
2013 | Caterham CT03 | Renault V8 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 11º | ||
![]() |
16 | 14 | 16 | 17 | 17 | Ret | 18 | 15 | 17 | 15 | Ret | 17 | 19 | 14 | 18 | Ret | 19 | 20 | Ret | |||||||
![]() |
18 | 15 | 18 | 21 | Ret | 15 | Ret | 18 | 18 | 14 | 16 | 18 | 16 | 15 | Ret | Ret | 18 | 19 | 18 | |||||||
2012 | Caterham CT01 | Renault RS27-2012 V8 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 10º | |
![]() |
Ret | 18 | 23 | 17 | 16 | 13 | 18 | 14 | 17 | 19 | 17 | 17 | 14 | 15 | 15 | 17 | 18 | 13 | 18 | 14 | ||||||
![]() |
Ret | 16 | 18 | 16 | 17 | Ret | 19 | 13 | NTS | 16 | 19 | 14 | 15 | 19 | 17 | 16 | 17 | 16 | 17 | 11 |
* Tempada en curso.
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caterham F1 |
![]() |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |