Cayo Lara
Nacemento29 de xaneiro de 1952
Lugar de nacementoArgamasilla de Alba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e labrego
Na rede
Twitter: cayo_lara Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cayo Lara Moya, nado en Argamasilla de Alba (Cidade Real) en 1952, é un político español, membro do Partido Comunista de España e coordinador xeral de Izquierda Unida.

Traxectoria

Agricultor de profesión, foi un dos impulsores do sindicato COAG. Foi alcalde de Argamasilla de Alba entre 1987 e 1999. Dende 2000 é coordinador xeral de IU de Castela-A Mancha. Como tal foi nunha ocasión, en 2007, candidato á presidencia da Xunta de Comunidades, sen obter escano. Destacou na rexión pola súa loita en defensa dunha lei electoral máis democrática e contra a especulación urbanística, en apoio do alcalde de Seseña fronte ao construtor Francisco Hernando, coñecido como El Pocero.

Liderado de Esquerda Unida estatal

Na IX Asemblea Federal de Esquerda Unida, en novembro de 2008, foi candidato a coordinador xeral, avalado polo PCE e outros sectores, obtendo un 43 % dos votos dos delegados e sendo elixido membro do Consello Político Federal. Na xuntanza dese órgano celebrada o 14 de decembro de 2008, foi elixido como o sucesor de Gaspar Llamazares á fronte da organización, cun 55 % dos votos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Gaspar Llamazares
Coordinador xeral de IU
2008 -
Sucesor:
no cargo