Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo ![]() | ||||
Capital | San Román ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.209 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 276,4 km² ![]() | ||||
Altitude | 624 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Benigno Gómez Tadín ![]() | ||||
Eleccións municipais en Cervantes ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27664 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27012 ![]() | ||||
Cervantes é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE no 2015 tiña 1.487 habitantes (1.844 no 2007, 1.914 no 2006, 1.973 no 2005, 2.031 no 2004, 2.080 no 2003). O xentilicio é cervantego.[1][2]
Censo total | 1.487 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 64 (4,3 %) |
Entre 15 e 64 anos | 802 (53,93 %) |
Maiores de 65 anos | 621 (41,76 %) |
Evolución da poboación de Cervantes Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.181 | 7.245 | 7.952 | 3.218 | 2.031 | 1.731 | 1.643 | 1.593 | 1.563 | 1.528 | 1.487 | 1.458 | 1.423 | 1.377 | 1.338 | 1.294 | 1.288 | (({18))} | (({19))} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O concello ten unha superficie de 276 km². Está enmarcado no leste da provincia de Lugo, xa lindando con León. Os seus cumios máis importantes son o Mustallar (1.924 m), Pico Penalonga (1.890 m), Pico Lagos (1.876 m), Pico Corno Maldito (1.848 m), Pico dos Charcos (1.847 m) e Pico Pena Rubia (1.821 m). Estas elevacións atópanse nas serras próximas da Trapa, Lóuzara, O Oribio, O Rañadoiro e O Piornal.
Está atravesado polos ríos Navia, Ser, Quindous, Cancelada, Cervantes, Barcia, Cabana, Castro, Cales, Cereixedo, Covas, Pontorrón, Ribón, Vilarello e Vilaver.
As terras de Cervantes albergan nas montañas orientais unha gran riqueza florística. Sobre o total galego, que se sitúa ao redor de 2 200 especies e subespecies; só na serra veciña do Courel cóntanse con 800 taxons, case o 40% do total, nunha área que representa o 1% da superficie galega. O catálogo dos Ancares, incluídas as dúas vertentes, componse de 1 028 especies e subespecies de plantas vasculares (cormófitos), aproximadamente a metade das existentes no conxunto de Galiza. Só de orquídeas hai 16 especies nos Ancares, máis da metade delas ligadas aos afloramentos calcáreos. Contabilízanse tamén alí 33 fentos, o que sitúa esas montañas na clase 7 de riqueza pteridodolóxica, sobre un máximo de 8.
O relativo bo estado de conservación da área tradúcesena existencia de restos boscosos cunha boa presenza de árbores: carballos, carballos de montaña, cerquiños, aciñeiras, faias, teixos, umeiros de montaña, abeleiras, acivros, bidueiros, castiñeiros, cerdeiras, sorbeiras, freixos, amieiros, salgueiros e lamigueiros.
O topónimo Cervantes fai referencia a que a zona é terra de cervos.
Os primeiros asentamentos no concello de Cervantes son de orixe prerromana. Da cultura castrexa consérvanse o castro de Santa María de Cervantes. Desa mesma época proceden as pallozas típicas dos Ancares, existentes aínda en aldeas como Piornedo.
Durante a Idade Media as terras pertenceron a diferentes nobres, como o marqués de San Sadurniño (que residiron até finais do século XIX no castelo de Quindós), ou o señor de Cervantes, conde de Villanueva de Cañedo e marqués de Alcañices, que exerceu xurisdición na zona desde o castelo de Doiras. A actual demarcación do concello chegou a estar dividida entre dous señoríos: o de San Miguel dos Agros e o dos condes de Grajal.
Sobre a orixe do escritor Miguel de Cervantes, tense falado da súa descendencia da liñaxe dos Cervantes. O cardeal das Indias Españolas, Álvaro Mendoza Caamaño y Sotomayor, era natural do Pando de Donís, e mandou construír en Lama de Rei un suntuoso pazo.
Durante a Guerra de Independencia as tropas napoleónicas, chegadas polo Camiño Real de Castela atoparon confrontación por parte das alarmas populares, que amparados pola orografía comarcal causaron varias baixas no exército invasor.
O patrimonio arquitectónico máis coñecido do concello son as pallozas, conservadas en Piornedo, Donís, Robledo, Pozo, Pando, Sevane e Vilarello. Outras construcións populares son os frecuentes hórreos e pombais.
O castelo de Doiras é un dos mellores conservados de Galiza. A torre de Donís sinala a supervivencia señorial dun pobo de pastores, habitantes das pallozas. A fortaleza de Ferreira pertenceu aos dominios de Pedro Osorio Manrique.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervantes vexa: Lugares de Cervantes.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cervantes ![]() |
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |