Cesare Ripa
Nacementoc. 1555 e c. 1560
Lugar de nacementoPerugia
Falecemento1645, 22 de xaneiro de 1622, 22 de xuño de 1622, 1622 e xuño de 1622
Lugar de falecementoRoma
Ocupaciónescritor, historiador da arte, teórico, científico, cociñeiro, art theorist, erudito, letrado, polímata, filósofo e académico
editar datos en Wikidata ]
Alegoría da Dignidade.

Cesare Ripa, nado en Perugia en 1555 e finado probablemente en Roma en 1622, autor italiano do século XVI, estudoso afeccionado da arte e autor de Iconoloxía (Iconologia overo Descrittione dell'Imagini universali) (Roma, 1593), libro de emblemas moi influente no seu tempo.

Biografía

De neno Cesare Ripa entra na corte do cardeal Anton Maria Salviati coa función de escudeiro. Membro da Academia dei Filomati e Intronati de Siena (empresas académicas dedicadas ó estudo de obras literarias clásicas e antigas moedas), que tería contactos coa Accademia degli Incitati en Roma, onde viviu entre 1611 e 1620.

Iconoloxía

En 1593 publicou a colección de alegorías: a obra, que ten por obxecto servir ós poetas, pintores e escultores para representar as virtudes, os vicios, os sentimentos e as paixóns humanas, é unha enciclopedia que se presenta en orde alfabética, como alegorías da paz, a liberdade ou a prudencia, recoñecibles nos atributos e a cor simbólica.