Charles Laughton | |
---|---|
Charles Laughton en 1940 | |
Nome completo | Charles Laughton |
Nacemento | 1 de xullo de 1899 |
Lugar | Scarborough, Inglaterra |
Falecemento | 15 de decembro de 1962 |
Lugar | Os Ánxeles |
Causa | cancro de ril |
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park |
Nacionalidade | Reino Unido e Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Educado en | Royal Academy of Dramatic Art e Scarborough College |
Cónxuxe(s) | Elsa Lanchester |
Profesión | Actor, director, guionista e produtor de cine e de teatro. |
Na rede | |
http://charleslaughton.freeservers.com/main.htm | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Charles Laughton, nado en Scarborough (Yorkshire, Inglaterra) o 1 de xullo de 1899 e finado nos Os Ánxeles (California) o 15 de decembro de 1962, foi un actor, guionista, produtor e director de cine e de teatro británico nacionalizado estadounidense. Billy Wilder dixo del que era o máis grande de todos os actores[1].
Laughton salientou sobre todo pola súa actividade como actor, que o levou a conseguir un Oscar ó mellor actor en 1934 pola súa interpretación do rei inglés Henrique VIII no filme The private life of Henry VIII (A vida privada de Henrique VIII, en tradución literal ao galego), dirixido por Alexander Korda. Era coñecido pola súa intensa aplicación no traballo, xa que consideraba o exercicio da actuación non coma unha profesión, senón coma unha arte creativa á altura da música ou da literatura.
Principiou a súa carreira no teatro, onde debutou en 1913 da man de Charles Hawtrey. A súa incursión no mundo do cine non chegaría ata 1928, participando dende aquela, só como actor, en máis de 50 películas, entre as que cómpre salientar, ademais da xa citada, Mutiny on the Bounty (1935; Rebelión a bordo), I, Claudius (1937; Eu, Claudio), Jamaica Inn (1939) ou Spartacus (1960).
Como director só asinou unha película, A noite do cazador (1954).