Charles Lucien Bonaparte
Nome completoCharles Lucien Jules Laurent Bonaparte
Nacemento24 de maio de 1803
Lugar de nacementoParís
Falecemento29 de xullo de 1857
Lugar de falecementoParís
SoterradoAjaccio e Chapelle Impériale
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónbiólogo, ornitólogo, zoólogo e ictiólogo
PaiLuciano Bonaparte
NaiAlexandrine de Bleschamp
CónxuxeZenaida Bonaparte
FillosNapoléon Charles Grégoire Jacques Philippe Bonaparte, Lucien-Louis Bonaparte, Julie Bonaparte, Joseph Lucien Bonaparte, Augusta Bonaparte Gabrielli, Alexandrine Gertrude Zénaïde Bonaparte, Charlotte Honorine Joséphine Pauline Bonaparte, Léonie Stéphanie Elise Bonaparte, Marie Désirée Eugénie Joséphine Philomène Bonaparte, Bathilde Aloïse Léonie Bonaparte, Albertine Marie Thérèse Bonaparte e Charles Albert Bonaparte
IrmánsCharlotte Bonaparte Gabrielli, Letitia Christine Bonaparte, Paul Marie Bonaparte, Louis Lucien Bonaparte e Pietro Bonaparte
PremiosFellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
WikiTree: Bonaparte-15 Find a Grave: 41745927 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charles Lucien Jules Laurent Bonaparte, coñecido como Charles Lucien Bonaparte, nado en París o 24 de maio de 1803 e finado o 29 de abril de 1857 na mesma cidades, foi un naturalista, político e ornitólogo francés.

Fillo de Lucien Bonaparte e, por tanto, sobriño do emperador Napoleón I, foi príncipe do Imperio en 1815, despois da reconciliación de Lucien e o seu irmán Napoleón, herdou os títulos pontificios de seu pai á morte deste, e foi así o segundo príncipe romano de Canino, de Musignano e Bonaparte en 1840, e príncipe Bonaparte en virtude do estatuto da familia imperial adoptado por Napoleón III.

Traxectoria

Bonaparte medrou en Italia e, despois do seu matrimonio coa súa prima Zenaida (Zenaïde Charlotte Julie Bonaparte) o 29 de xuño de 1822 en Bruxelas, viaxou aos Estados Unidos.

Antes de deixar Italia descubrira unha nova especie de folsa, a folosa real (Acrocephalus melanopogon) e, na viaxe a América recolleu espécimes dunha nova especie de paíño, o paíño de Wilson (Oceanites oceanicus). Á súa chegada aos Estados Unidos presentou un artigo sobre a nova especie, que foi bautizada na honra de Alexander Wilson. O xénero de pombas Zenaida foi descrito por el e dedicado á súa esposa.

Bonaparte, daquela, dedicouse a actualizar a obra de Wilson American Ornithology. A versión revisada foi publicada entre 1825 e 1833.

En 1824 Bonaparte intentou que o entón descoñecido John James Audubon fose aceptado pola Academia de Ciencias Naturais, pero non o foi pola oposición do ornitólogo George Ord. A finais de 1826 Bonaparte e a súa familia regresaron a Europa. Viaxou a Alemaña, onde coñeceu a Philipp Jakob Cretzschmar, e a Inglaterra, onde coñeceu a John Edward Gray, no Museo Británico, e renovou a súa amizade con Audubon.

Carlota e Zenaida Bonaparte, retrato pintado por Jacques-Louis David en 1821.

En 1828 instalouse en Roma coa súa familia. Entre 1832 e 1841 Bonaparte publicou a súa obra sobre os animais de Italia, Iconografia della Fauna Italica. Exiliouse en 1849 a causa da súa implicación nun movemento pronacionalista, e morreu en París.

Tivo oito fillos:

Traballos

Abreviatura

A abreviatura Bonaparte emprégase para indicar a este naturalista como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas