Charles Perrault
Charles Perrault por Philippe Lallemand, 1665
Nacemento12 de xaneiro de 1628
Lugar de nacementoParís
Falecemento16 de maio de 1703
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeReino de Francia
EtniaPobo francés
Alma máterLycée Saint-Louis, Collège de Beauvais, sen etiquetar e University of Orléans
Ocupaciónescritor, poeta, poeta avogado, collector of fairy tales, crítico, escritor de literatura infantil e art theorist
CónxuxeMarie Guichon
IrmánsPierre Perrault, Claude Perrault e Nicolas Perrault
Coñecido porThe Tales of my Mother Goose e sen etiquetar
Na rede
IMDB: nm0674518 Allocine: 36947 Allmovie: p218224 IBDB: 430813
Bitraga: 204 Musicbrainz: 41bcc521-b494-4263-8991-1caf88fa1247 Discogs: 431748 IMSLP: Category:Perrault,_Charles WikiTree: Perrault-667 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charles Perrault, nado en París o 12 de xaneiro de 1628 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1703, foi un escritor francés. Era irmán de Claude.

Traxectoria

Naceu no seo dunha acomodada familia burguesa e protexido de Colbert. Asistiu ás mellores escolas e estudou dereito antes de iniciar unha carreira no servizo gobernamental. Tomou parte na creación da Academia das Ciencias e na restauración da Academia de Pintura. Foi secretario da Academia Francesa desde 1663.

En 1687 escribiu o poema O século de Luís o Grande e, en 1688, Comparación entre antigos e modernos, unha alegación en favor dos escritores "modernos" e en contra dos tradicionalistas.

Aos 55 anos escribiu o libro Contos de mamá ganso. A súa publicación comezou a darlle fama entre os seus coñecidos e significou o comezo dun novo estilo de literatura: os contos de fadas. Para os seus relatos, Perrault recorreu a paisaxes que coñecía como o Castelo de Ussé para o conto de A Bela Dormente.

Publicacións

Moitas das historias de Perrault seguen publicándose hoxe en día e convertéronse en óperas, obras de teatro e filmes. Algunhas das historias máis famosas de Perrault son: