Infotaula de personaChristian Gottfried Ehrenberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1795 Editar o valor em Wikidata
Delitzsch Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1876 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt.-Marien- und St.-Nikolai-Friedhof I (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Leipzig
Pforta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria natural, medicina e ciencias naturais Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , ficólogo , anatomista , ornitólogo , médico , explorador , microbiólogo , entomólogo , profesor universitario , paleontólogo , micólogo , zoólogo , botánico , naturalista , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaEhrenb. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaEhrenberg Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosClara Ehrenberg Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarl August Ehrenberg Editar o valor em Wikidata
Premios


Christian Gottfried Ehrenberg, nado o 19 de abril de 1795 en Delitzsch, Saxonia, Alemaña, e finado o 27 de xuño de 1876 en Berlín, foi un naturalista, explorador, zoólogo, botánico, anatomista, xeólogo e microscopista alemán.

Foi un dos máis famosos e produtivos científicos da súa época.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudos

[editar | editar a fonte]

Fillo dun xuíz, Christian Gottfried Ehrenberg naceu en Delitzsch, cerca de Leipzig. Estudou primeiro teoloxía na Universidade de Leipzig, e despois medicina e ciencias naturais na Universidade Humboldt de Berlín, onde se fai amigo do famoso explorador Alexander von Humboldt, e do que foi logo o seu máximo colaborador e íntimo amigo, o tamén explorador e naturalista Wilhelm Friedrich Hemprich.

En 1818 acada o doutoramento cunha tese sobre os fungos: Sylvae mycologicae Berolinenses (Elenco micolóxico berlinés) .

Primeiras coleccións

[editar | editar a fonte]

Entre 1820 e 1825 participou, co seu amigo Wilhelm Hemprich, como naturalistas, nunha expedición arqueolóxica a Exipto que organizara Martin Lichtenstein e que estaba dirixida polo xeneral prusiano von Minutoli. A asistencia dos dous naturalistas foi subvencioanada pola Academia de Ciencias de Berlín. Investigaron partes de Exipto e o deserto de Libia. En marzo de 1821 abandonaron os outros membros da expedición para explorar o val do Nilo até Dongola, a capital de Nubia (rexión situada no sur do actual Exipto e o norte do actual Sudán). Durante dous anos estudaron a fauna e a flora da rexión. Dous anos máis tarde, Ehrenberg e Hemprich parten cara á rexión reritrea de Debub (El Sur), sobre a costa do mar Vermello, ao suroeste da península do Sinaí. Visitaron o monte Sinaí. Foron uns dos premeiros naturalistas que estudaron a fauna mariña do mar Vermello. En 1824 visitaron o Líbano e foron de Beirut até o cumio do monte Líbano e permaneceron en Bxari. En agosto volveron a Exipto. Nesta expedición recolectaron milliros de espécimes de plantas e animais.[1] onde fixeron un especial estudo dos corais. Tamén exploraron partes de Siria, Arabia e Abisinia. Algúnos resultados das suúas viaxes e das súas importantes coleccións foron comentados por Humboldt en 1826.

En novembro, os dos amigos parten de novo cara ás costas do mar Vermello, visitando numerosos portos, entre eles o de Jeddah, en Arabia. Despois chegaron ao porto eritreo de Massaua coa intención de visitar as terras altas de Abisinia. Hemprich morreu neste porto de febre palúdica. Ehrenberg enterrouno na illa de Toalul.

Ehrenberg volveu a Europa e publicou varios artigos sobre insectos e corais e, en 18281834, unha relación en dous volumes dos seus descubrimentos baixo os dous nomes (del, e de Hemprich) co título de Symbolae Physicae,[2] mostrando moitas particularidades de mamíferos, aves, insectos, etc. Outras observacións comunícaas a varias sociedades científicas. Os espécimes recolectados por Ehrenberg e Hemprich están depositados no Museum für Naturkunde (Museo de Historia Natural da Universidade Homboldt). A colección conta cuns 46 000 espécimes botánicos que representan unhas 3 000 especies e uns 34 000 espécimes de animais correspondentes a unhas 4 000 especies, entre elas numerosas novas para a ciencia.

Estudos xeolóxicos e de organismos microscópicos

[editar | editar a fonte]

En 1827 Ehrenberg opositou e gañou unha cátedra de profesor de medicina na Universidade de Berlín.

En 1829 acompañou a Alexander von Humboldt a unha expedición a través do leste de Rusia cara a fronteira chinesa. Ao seu regreso concentrouse en estudos de organismos microscópicos, que non foran sistematicamente estudados.

Durante cerca de trinta anos Ehrenberg examinou mostras de auga, solo, sedimentos, po, rochas, etc., e describiu miles de novas especies, flaxelados como Euglena, ciliados como Paramecium aurelia e Paramecium caudatum, e moitos fósiles, en cerca de 400 publicacións. Estivo particularmente interesado nun grupo de protistas, as chamadas diatomeas. Tamén estudou e nomeou moitas especies de radiolarios.

As súas investigacións orixinaron importantes aplicacións das terras de infusorios usadas no puído e outros propósitos económicos; ampliou notoriamente o coñecemento sobre microorganismos de ceertas formacións xeolóxicas, especialmente de calcaria, e de acumulacións mariñas e de auga doce. Até Ehrenberg descoñecíanse absolutamente que moitas masas rochosas compoñíanse de diminutos animais ou plantas. Demostrou que a fosforescencia do mar se debía a organismos.

Continuou investigando até moi avanzada idade organismos microscópicos das profundidades mariñas, e varias formacións xeolóxicas.

Faleceu en Berlín en 1876, aos 81 anos.

Ehrenberg foi membro e numerosas Sociedades científicas:

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Honores

[editar | editar a fonte]

Epónimos

[editar | editar a fonte]
Xéneros
Especies

Uns 300 rexistros, entre eles:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Bauer, A. M. (2000): The Symbolae Physicae and the herpetology of Hemprich and Ehrenberg’s expedition to Egypt and the Middle East". International Society for the History and Bibliography of Herpetology Newsletter and Bulletin 2' (1): 16
  2. O título completo é Symbolae physicae, seu, Icones et descriptiones corporum naturalium novorum aut minus cognitorum: quae ex itineribus per Libyam Aegyptum Nubiam Dongalam Syriam Arabiam et Habessiniam publico institutis sumptu Friderici Guilelmi Hemprich et Christiani Godofredi Ehrenberg Ver texto completo).
  3. Neue Entdeck. Pflanzenk. 2: 129. 1821; et Syst. ii. 12 1825 (IK)
  4. Nov. Gen. Sp. Pl. (Martius) 2 (2): 72 t. 163 1827 (IK)
  5. Fl. Brit. W.I. [Grisebach] 415 1862 (IK)
  6. Biol. Cent.-Amer. Bot. 2: 94 1881 (IK)
  7. (GCI)
  8. Fl. Bras. (Martius) 3 (1): 491 1863 (IK)
  9. Recueil Trav. Bot. Néerl. 42: 8 1950 (IK)
  10. Icon. Pl. Rar. Link, Klotzsch & Otto '1 (3): 39 (38-40 t. 16) 1841 (GCI)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]