Chuck Person | |
---|---|
Posición | Aleiro |
Dorsal | 45 |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Nacemento | 27 de xuño de 1964 (59 anos) Brantley, Alabama |
Carreira | |
Universidade | Auburn |
NBA Draft | 1986 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Indiana Pacers |
Tempadas | 1986–2000 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 13 858 |
Rebotes | 4 763 |
Asistencias | 2 645 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Chuck Connors Person, nado o 27 de xuño de 1964 en Brantley, Alabama, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, e actual adestrador asistente dos Los Angeles Lakers.
Person foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 1986 polos Indiana Pacers. Gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA en 1987 e xogou seis tempadas en Indiana.
Foi traspasaso en 1992 xunto a Micheal Williams aos Minnesota Timberwolves a cambio de Sam Mitchell e Pooh Richardson. Tras o remate do seu contrato en 1994, asinou coma axente libre cos San Antonio Spurs, Charlotte Hornets e Seattle SuperSonics. Foi traspasado polos Spurs xunto a unha elección de primeira rolda do Draft aos Chicago Bulls a cambio de Steve Kerr o 22 de xaneiro de 1999, pero foi despedido inmediatamente.
Durante a súa carreira, Person xogou 943 partidos, facendo 14.7 puntos e 5.1 rebotes por partido, unha porcentaxe de 45.8% en tiros de campo e 36.2% en triplas.
Person retirouse no ano 2000. Dende entón, foi adestrador asistente dos Sacramento Kings, e é actualmente asistente dos Los Angeles Lakers.