Cissonius (tamén Cisonius, Cesonius) foi un antigo deus dos galos. Despois de Visucius, Cissonius era o nome máis común do Mercurio galo. Foron atopadas arredor de dezasete inscricións dedicadas a el en Francia sur de Alemaña e Suíza.[1]
Cissonius era representado como un home barbudo e con casco montando un carneiro e cargando unha copa de viño, ou tamén como un mozo con casco alado acompañado por un galo e carneiro.
O significado do nome pode interpretarse como "valente" ou "condutor de carro".[2] Probablemente foi un deus do comercio e protector dos viaxeiros, xa que Mercurio exercía funcións semellantes no panteón romano.