Shannon é recoñecido por fundar o campo da teoría da información coa publicación de Unha teoría matemática da comunicación, que supuxo un fito en 1948. é quizais igualmente coñecido por sentar as bases da teoría do deseño do ordenador dixital e o circuíto dixital en 1937. Con 21 anos se encontraba realizando o seu mestrado no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e coa súa tese demostrou que as aplicacións electrónicas de álxebra booleana podían construír calquera relación lóxico-numérica.[3] Shannon contribuíu tamén ao campo do criptoanálise para a defensa nacional durante a segunda guerra mundial, entre os que se inclúen traballos sobre o descifrado de códigos e seguridade nas telecomunicacións.
↑James, I. (2009). "Claude Elwood Shannon 30 April 1916 -- 24 February 2001". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society55: 257–265. doi:10.1098/rsbm.2009.0015.