O Club Deportivo As Pontes é un equipo de fútbol galego da localidade das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1960 e actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
Historia
Foi fundado en 1960 baixo o nome de Club de Fútbol Calvo Sotelo, estando patrocinado pola empresa mineira Calvo Sotelo. En 1969 pasou a chamarse Club Deportivo As Pontes, ata que en 1984 mudou o seu nome a Endesa As Pontes Club de Fútbol, tendo coma patrocinador á empresa Endesa. Finalmente no 2001 retomou ao nome de Club Deportivo As Pontes que mantén actualmente.
A máxima posición ligueira acadada polo equipo foi a cuarta posición na Segunda división B española na tempada 91/92.
Estadio
O equipo disputa os seus partidos coma local no estadio do Poboado, que ten unha capacidade aproximada de 2000 espectadores.