Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra ![]() | ||||
Capital | A Cañiza ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.060 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 339,85 km² ![]() | ||||
![]() |
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.[1]
Concello | nº de parroquias |
Extensión[2] ( km² ) |
Poboación[3]
(2020) |
Densidade |
---|---|---|---|---|
Arbo | 6 | 42,66 | 2.599 | 60,38 |
A Cañiza | 9 | 105,04 | 5.115 | 48,76 |
Covelo | 14 | 154,63 | 2.900 | 19,00 |
Crecente | 11 | 57,46 | 1.994 | 34,70 |
Total | 39 | 359,79 | 12.608 | 35,04 |
Padrón municipal 2020 | 12.060 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.069 (8,86 %) |
Entre 16 e 64 anos | 6.769 (56,13 %) |
Maiores de 65 anos | 4.222 (35,01 %) |
Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou os concellos de Arbo[4], Covelo[5] e Crecente[6], mentres que o PSdeG-PSOE o da Cañiza[7].
![]() |
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |