Constante Moreda
Nacemento1894
Lugar de nacementoLavadores
Falecemento10 de decembro de 1936
Lugar de falecementoMonte do Castro
NacionalidadeEspaña
Ocupacióngaiteiro e político
PaiManuel Moreda Outeiral
IrmánsLenin Moreda Vázquez
editar datos en Wikidata ]

Constante Moreda Vázquez, nado no barrio de Cabral-Sello (naquel entón concello de Lavadores) en 1894 e finado o 10 de decembro de 1936 no Monte do Castro de Vigo, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria

Fillo de Manuel Moreda Outeiral. Peiteador de profesión, compaxinou dende novo o seu traballo coa militancia no PCE. Ademais era un afamado gaiteiro que mesmo chegou a gañarlle un concurso ao mítico gaiteiro de Soutelo Avelino Cachafeiro. Arredor de 1928 formou o cuarteto "Airiños de Cabral", como compañeiros tiña ao seu alumno Manuel Oliveira Blanco, na gaita, Vicente Clemata "Firma" no tambor e Román Salgueiro no bombo. A última actuación de Constante Moreda co seu grupo foi o día 18 de xullo de 1936 en plenas festas patronais de Santa Mariña de Cabral. Foi xulgado por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado no Monte do Castro o 10 de decembro de 1936 co seu pai Manuel Moreda Outeiral, o seu irmán José Moreda Vázquez, Urbano Rodríguez Moledo, Manuel Núñez Álvarez, Antonio Sayar Carrera, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Luís Ferreira Vieitez, José González Andreu e Luís Martínez Román.[1]

Notas

  1. "Homenaje a los fusilados", La Voz de Galicia, Vigo, 11-12-2005, p. 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas