Contaxio | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Contagion |
Director | Steven Soderbergh |
Produtor | Michael Shamberg Stacey Sher Gregory Jacobs |
Guión | Scott Z. Burns |
Intérpretes | Marion Cotillard Matt Damon Laurence Fishburne Jude Law Gwyneth Paltrow Kate Winslet |
Música | Cliff Martinez |
Fotografía | Steven Soderbergh |
Montaxe | Stephen Mirrione |
Estudio | Warner Bros. Pictures Participant Media Imagenation Abu Dhabi Double Feature Films |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Festival de Venecia: 3 de setembro de 2011![]() |
Duración | 106 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $135 458 097 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/contagion | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Contaxio (en inglés: Contagion) é un filme estadounidense dirixido por Steven Soderbergh que se estreou no 2011. Está protagonizado por Marion Cotillard, Bryan Cranston, Matt Damon, Laurence Fishburne, Jude Law, Gwyneth Paltrow, Kate Winslet e Jennifer Ehle. O argumento de Contaxio trata da transmisión dun virus por fómites, e os intentos dos investigadores médicos e dos servizos de saúde por identificar e conter a enfermidade, mentres que a pandemia provoca a perda da orde social.
Soderbergh e o guionista Scott Z. Burns colaboraron anteriormente en The Informant! (2009). Despois da estrea dese filme, Burns tivo a idea de producir un filme médico sobre a transmisión rápida dun virus, inspirándose nas pandemias de SRAS no 2003 e da Gripe A (H1N1) no 2009. Para proporcionar unha percepción exacta dunha pandemia, Burns consultou con representantes da Organización Mundial da Saúde, así como de expertos médicos como W. Ian Lipkin e Lawrence "Larry" Brilliant. A fotografía principal comezou en Hong Kong en setembro de 2010, e continuou en Chicago, Atlanta, Londres, Xenebra e San Francisco até febreiro de 2011.
Contaxio estreouse na 68ª edición Festival Internacional de Cine de Venecia o 3 de setembro de 2011, e nas salas comerciais o 9 de setembro. Foi ben acollido pola crítica, que gabou a narrativa e as interpretacións dos actores. Tamén foi ben recibido polos científicos, que destacaron a súa exactitude. Comercialmente, tivo un éxito moderado de recadación. Sobre un orzamento de $60 millóns, Contaxio recadou $135 millóns.
Estreouse en galego na TVG o 29 de novembro de 2014.[2]
De súpeto, sen saber cal é a súa orixe, un virus mortal espállase a nivel mundial e, en poucos días, comeza a acabar coa poboación. O contaxio prodúcese polo sinxelo contacto entre os seres humanos.