Cravo Norte é unha vila e concello do departamentocolombiano de Arauca. O territorio de Cravo Norte limita co concello de Arauca polo norte, Venezuela polo leste, La Primavera (Vichada) e Hato Corozal (Casanare) polo sur e Puerto Rondón polo oeste, atopándose na beira oeste do río Cravo Norte, no río Casanare.
Durante a conquista española, Nicolás de Federman, en contacto cos xesuítas, envía ao misioneiro José Gumilla para comezar a evanxelización dos indíxenas da rexión, os cales vivían en tribos nómades (no presente seminómades) e practicaban actividades recolectoras, caza e pesca. Cravo Norte foi fundado por José Gumilla, un misioneiro xesuíta, en 1538. Contaba con só 205 habitantes en 1797.[1] En maio de 1797, realizouse o primeiro censo de La Soledad de Cravo Norte, contando con 205 homes e mulleres dos pobos guahibo e chiricoa. Posteriormente, en 1874, o venezolano Socorro Figueroa entrou nesta rexión co obxectivo de poboar con gando vacún a inmensa chaira, apoderándose do sitio chamado El Cajón de Los Ríos Cravo e Casanare.