Dani Alves | |||
---|---|---|---|
Alves con Brasil na Copa América 19 | |||
Información persoal | |||
Nome | Daniel Alves da Silva | ||
Nacemento | 6 de maio de 1983 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Juazeiro | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–1998 | Juazeiro | ||
1998–2001 | Bahia | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2002 | Bahia | 25 | (2) |
2002–2008 | Sevilla | 175 | (11) |
2008–2016 | FC Barcelona | 247 | (14) |
2016–2017 | Juventus | 19 | (2) |
2017–2019 | Paris Saint-Germain | 48 | (2) |
2019–2021 | São Paulo | 56 | (3) |
2021–2022 | Barcelona | 14 | (1) |
2022–2023 | UNAM | 13 | (0) |
Selección nacional | |||
2003 | Brasil sub-20 | 17 | (0) |
2021 | Brasil olímpico | 7 | (0) |
2006– | Brasil | 126 | (8) |
Na rede | |||
http://www.danialves.com/ | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de xaneiro de 2023 Selección: actualizado a 11 de decembro de 2022[ editar datos en Wikidata ] | |||
Daniel Alves da Silva, máis coñecido como Dani Alves, nado en Juazeiro, Baía, o 6 de maio de 1983, é un futbolista brasileiro nacionalizado español, que xoga como lateral dereito. Foi considerado por algúns medios de comunicación deportivos como o mellor lateral dereito do mundo.[1][2] Actualmente atópase sen equipo tras ser detido de xeito preventivo por un presunto delito de violación, o que provocou a rescisión do seu contrato co Club Universidad Nacional mexicano.[3]
Alves debutou como profesional en 2001 no Esporte Clube Bahia e un ano despois incorporouse ao Sevilla FC que pagou por el 500.000 euros.
A pesar de xogar como lateral, é un xogador de marcado carácter ofensivo, e en ocasións actúa como interior dereito, ademais de ser un lanzador de faltas. Dise del que é un todocampista, pois ata chegou a xogar de mediocentro e ata de dianteiro nun partido que enfrontou ao Sevilla e o Zenit de San Petersburgo en terras rusas.
Daniel Alves debutou de xeito oficial na Liga española o 23 de febreiro de 2003 co Sevilla FC fronte ao RCD Espanyol. Con todo, non marcaría o seu primeiro gol ata a tempada seguinte, o 9 de novembro de 2003 fronte ao Real Madrid. En agosto de 2007, Daniel Alves pediu ao Sevilla que lle deixase marchar e crecer como xogador.[4] Con todo, as altas pretensións económicas do Sevilla frustraron a súa fichaxe polo Chelsea FC da Premier League inglesa,[5] o que creou un gran descontento no xogador que chegou ata a negarse a viaxar co equipo a Grecia onde disputaría un partido crucial co AEK Atenas para a súa clasificación na seguinte rolda da Liga de Campións.[6] A pesar diso, quedou outro ano máis na disciplina nervionense, sendo traspasado finalmente ao FC Barcelona.
O 2 de xullo de 2008 foi presentado oficialmente como novo xogador do FC Barcelona ata o ano 2012, nun acto no que o presidente do club azulgrana, Joan Laporta, o definiu como "o mellor lateral dereito do mundo". Os 35,5 millóns de euros do seu traspaso (29,5 millóns fixos máis seis en variables, por clasificación e títulos) convertérono na segunda fichaxe máis cara da historia do club -por detrás de Overmars, e sendo posteriormente superado tamén polo de Ibrahimovic-, sendo o terceiro desembolso máis grande xamais realizado pola contratación dun defensa.[7] No Barcelona comezou usando o número 2. Para a tempada 2013-14 decidiu usar o dorsal 22 coma homenaxe ó seu antigo compañeiro Éric Abidal.[8] Na tempada 2015-16, decidiu cambiar de novo o seu dorsal, usando desta vez o número 6, deixado por Xavi Hernández, quen deixou o club ó remate da tempada anterior.[9]
Marcou o seu primeiro gol co FC Barcelona o 25 de outubro de 2008 no Camp Nou fronte á UD Almería.
Foi 119 veces internacional coa selección do Brasil, coa que marcou oito goles. O seu debut produciuse no 2006, nun partido amigable contra Ecuador, e ao ano seguinte disputou a Copa América, proclamándose campión e marcando un dos tres goles do seu equipo na final contra a Arxentina. Durante os seguintes anos gañou dúas Copas Confederacións (2009 e 2013) e participou en dous Mundiais (Suráfrica 2010 e Brasil 2014).
No 2019 gañou a súa segunda Copa América, capitaneando á selección brasileira e derrotando na final ao Perú. Foi elixido mellor xogador do torneo.[10] Dous anos despois formou parte da selección do Brasil nos Xogos Olímpicos de Toquio, conquistando a medalla de ouro ao vencer na final a España.[11]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dani Alves |