Dialnet | |
---|---|
![]() | |
Tipo | base de dados bibliográfica, biblioteca virtual e repositório de acesso aberto |
Data de fundación | 2001 |
Fundador(es) | Universidade da Rioxa e Joaquín León-Marín |
Director/a | Joaquín León-Marín |
En | Logroño |
País | España |
Na rede | |
https://dialnet.unirioja.es | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidade da Rioxa e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.
No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.
Estatísticas de Dialnet[1] | |
---|---|
Revistas | 9.125 |
Documentos | 4 388 753 |
Alertas | 24 392 489 |
Usuarios | 1 306 204 |
Dialnet é un dos servizos de busca máis empregados no mundo académico e cultural hispano.
Na clasificación do Laboratorio de Cibermetría do CSIC, Dialnet ocupa o primeiro posto entre os portais europeos e o cuarto posto a nivel mundial.[2]
Recibiu o premio Álvaro Pérez Ugena á Divulgación da Ciencia e da Comunicación, correspondente á edición de 2012.[3]