Diamante de sangue | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Blood Diamond |
Director | Edward Zwick |
Produtor | Gillian Gorfil Marshall Herskovitz Graham King Paula Weinstein Edward Zwick |
Guión | Charles Leavitt |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Jennifer Connelly Djimon Hounsou Michael Sheen Arnold Vosloo David Harewood Kagiso Kuypers Basil Wallace Ntare Mwine Stephen Collins Jimi Mistry Chris Astoyan Benu Mabhena |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Eduardo Serra |
Montaxe | Steven Rosenblum |
Estudio | Bedford Falls Productions Virtual Studios |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 8 de decembro de 2006 21 de abril de 2010 (TVG) |
Duración | 138 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $100 000 000[1] |
Recadación | $171 407 179 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/blood-diamond | |
Diamante de sangue (en inglés: Blood Diamond) é un filme dirixido e producido por Edward Zwick estreado no 2006. O título refírese ós diamantes de sangue, que son diamantes extraídos en países africanos en conflito, cos que os señores da guerra financian as súas actividades vendéndoos a grandes compañías de todo o mundo. Estreouse en galego na TVG o 21 de abril de 2010.[2]
1999, Serra Leoa. Historia sobre a explotación e o tráfico ilegal de diamantes. A nación africana atópase no medio dunha terrible guerra civil. Un contrabandista (Leonardo DiCaprio), especializado na venda de pedras preciosas, cuxos beneficios serven para financiar tanto ós rebeldes coma ó goberno, coñece a un pescador mende (Djimon Gaston Hounsou) que, enterrou un enorme diamante cando traballaba como escravo para os rebeldes da Fronte Revolucionaria Unida ou FRU, en inglés (Revolutionary United Front ou RUF) cuxo xefe era Foday Sankoh.