Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1932 (91 anos) Meridian, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Harrison Central High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de televisión , escritora , actriz de teatro , directora de cinema , actriz de cinema |
Período de actividade | 1959 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Bruce Dern (1960–1969) |
Fillos | Laura Dern |
Premios | |
Páxina web | dianeladd.com |
|
Rose Diane Ladner, nada en Meridian (Mississippi) o 29 de novembro de 1935[1] é unha actriz, directora, produtora e escritora estadounidense, coñecida como Diane Ladd, que apareceu en máis de 120 filmes e series de televisión. Polo filme de 1974 Alicia xa non vive aquí gañou un premio BAFTA á mellor actriz secundaria e foi candidata ao Óscar. Gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de televisión por Alice (1980–81). É a nai da actriz Laura Dern, co seu exmarido Bruce Dern.
Ladd naceu en Meridian, Mississippi, filla única de Mary Bernadette (de solteira Anderson; 1912–2002), ama de casa e actriz, e Preston Paul Ladner (1905–1982), veterinario que vendía produtos para o gando.[2][3][4] Ladd está emparentada como dramaturgo Tennessee Williams[5] e o poeta Sidney Lanier.[6] Ladd foi criada no catolicismo, fe da súa nai.[7][8]
Ladd estivo casada co actor Bruce Dern entre 1960 e 1969, co que tivo dúas fillas, Diane Elizabeth Dern, que faleceu aos dezasete meses, e a actriz Laura Dern. Ladd e Laura Dern coprotagonizaron os filmes Wild at Heart, Rambling Rose e Inland Empire, e a serie de HBO Enlightened.
En 1971, Ladd uniuse ao elenco da telenovela da CBS The Secret Storm, sendo a segunda actriz que interpretou o papel de Kitty Styles. Despois conseguiu un papel secundario no filme de Roman Polanski Chinatown, e foi candidata ao Óscar polo seu papel como Flo no filme Alicia xa non vive aquí.
Ano | Obra | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1974 | Alicia xa non vive aquí | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria | Nomeado |
Óscar á mellor actriz secundaria | Nomeado | ||
1975 | BAFTA á mellor actriz secundaria | Gañador | |
1980 | Alice | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria de televisión | Gañador |
1990 | Wild at Heart | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria | Nomeado |
Óscar á mellor actriz secundaria | Nomeado | ||
1991 | Rambling Rose | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria | Nomeado |
Óscar á mellor actriz secundaria | Nomeado | ||
1993 | Dr. Quinn: Medicine Woman | Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama | Nomeado |
1994 | Grace Under Fire | Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de comedia | Nomeado |
1997 | Touched by an Angel | Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama | Nomeado |
O 1 de novembro de 2010 Ladd, Laura Dern e Bruce Dern recibiron estrelas contiguas no Paseo da fama de Hollywood. Foi a primeira familia en recibir esta consideración. A estrela de Ladd e a 2421.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diane Ladd |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |