González, Manuel (2022-07-19). "El mural que el magnate Rockefeller no pudo soportar". Portal Alba (en castelán). Consultado o 2022-11-16. 

Diego Rivera
Nome completoDiego María de la Concepción Juan Nepomuceno Estanislao de Rivera y Barrientos Acosta y Rodríguez
AlcumeBarrientos, Diego María Rivera
Nacemento8 de decembro de 1886 e 13 de decembro de 1886
Lugar de nacementoEstado de Guanajuato, Guanajuato e Guanajuato
Falecemento25 de novembro de 1957, 24 de novembro de 1957 e 25 de novembro de 1957
Lugar de falecementoCidade de México e Coyoacán
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoRotonda de las Personas Ilustres
NacionalidadeMéxico
Relixiónateo
Alma máterAcademia de São Carlos, Academia francesa das ciencias e Os Ánxeles
Ocupaciónmuralista, architectural draftsperson, debuxante, pintor, gravador e escultor
CónxuxeAngelina Beloff, Guadalupe Marín, Frida Kahlo, Frida Kahlo e Emma Hurtado
FillosMarika Rivera, Ruth Rivera Marín e Guadalupe Rivera Marín
Coñecido porEpopeia do Povo Mexicano, Sueño de una Tarde Dominical en la Alameda Central, Río Juchitán, Portrait of Ramón Gómez de la Serna, Indústria de Detroit (murais), The Banana Leaf Loader, Allegory of California e The Making of a Fresco Showing the Building of a City
PremiosPremio Nacional de Ciencias y Artes
Na rede
IMDB: nm0729243 Discogs: 2386608 WikiTree: Rivera-950 Find a Grave: 18404 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Diego Rivera e Frida Kahlo.

Diego Rivera, de nome completo Diego María de la Concepción Juan Nepomuceno Estanislao de la Rivera, nado en Guanajuato o 8 de decembro de 1886 e finado en San Ángel o 24 de novembro de 1957, foi un dos maiores pintores mexicanos así como esposo da pintora Frida Kahlo. Foi un artista con ideas políticas, era comunista e albergou a Trotski, pouco tempo antes da súa morte

Traxectoria

Estudou na Academia de Belas Artes de San Carlos, no México, mais partiu para a Europa, beneficiado dunha bolsa de estudo, onde ficou de 1907 até 1921. Esta experiencia enriqueceuno moito en termos artísticos, pois tivo contacto con moitos pintores da época como Pablo Picasso, Salvador Dalí, Juan Miró e o arquitecto catalán Antoni Gaudí, que influenciarán a súa obra.

Comezou a traballar nun estudo en Madrid, España. Nesa época coñece á súa primeira esposa: a pintora rusa Angelina Beloff. Con ela, Diego ten un fillo. Logo ela falece.

Así como os outros muralistas, consideraba a pintura algo burgués, pois na maior parte dos casos as teas ficaban confinadas en coleccións particulares.

Ao longo da súa vida, creou máis de dous mil cadros, cinco mil deseños e cerca de catro mil metros cadrados de pintura mural. En 1929 casou coa pintora mexicana Frida Kahlo.

Obra

Rivera, por Modigliani.

Xuntamente con José Clemente Orozco e David Siqueiros creou o movemento muralístico mexicano. Eles acreditaban que só a través do mural se podería redimir artisticamente un pobo que esquecera a grandeza da súa civilización precolombiana durante séculos de opresión estranxeira e de espoliación por parte das oligarquías nacionais culturalmente voltadas para a metrópole española. Pola súa formación tivo influencia da tradicion da pintura de Europa.

Diego fixo o primeiro mural do vestíbulo da Fundación Rockefeller en Nova York, sendo eliminado no 1934 e recreado despois no Pazo de Belas Artes da Cidade de México.[1]

Notas

  1. González, Manuel (2022-07-19). "El mural que el magnate Rockefeller no pudo soportar". Portal Alba (en castelán). Consultado o 2022-11-16. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas