Infotaula de personaDieter Kremer
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Waldbröl Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística e Filoloxía románica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , romanista , profesor universitario , editor literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTrier University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Dieter Kremer, nado en Waldbröl o 26 de novembro de 1942, é un romanista e lingüista alemán. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2002[1].

Traxectoria

Kremer recibiu o doutoramento en 1967 na Universidade de Colonia coa disertación Die germanischen Personennamen in Katalonien. Namensammlung und Etymologisches (Barcelona 1967-1972). Entre 1976 e 2008 foi profesor de lingüística románica na Universidade de Tréveris. Centrou a súa investigación, continuando o traballo do seu mentor Joseph M. Piel, na onomástica nas linguas románicas, para o que, en 1987, principiou o proxecto de investigación do Dictionnaire historique de l'anthroponymie roman (PatRom) que comezou a se publicar en 2004.

Kremer, editou numerosas actas de congresos e volumes colectivos, en especial os 7 volumes do XVIII Congreso Internacional de Romanística celebrado en Tréveris en 1986. Vencellado coa cultura galega é presidente da Deutsch-Galicische Gesellschaft[2] e fundador do Galicien-Zentrum (Centro de Documentación de Galicia) na Universidade de Tréveris.

Obra

Traballos sobre o galego

Notas

  1. Membros da RAG
  2. Dieter Kremer na Universidade de Leipzig