Longán | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dimocarpus longan froito | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Risco baixo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 251 kJ (60 kcal) |
15.14 g | |
Azucres | n/a |
Fibra alimentaria | 1.1 g |
0.1 g | |
1.31 g | |
Treonina | 0.034 g |
Isoleucina | 0.026 g |
Leucina | 0.054 g |
Lisina | 0.046 g |
Metionina | 0.013 g |
Fenilalanina | 0.030 g |
Tirosina | 0.025 g |
Valina | 0.058 g |
Arxinina | 0.035 g |
Histidina | 0.012 g |
Alanina | 0.157 g |
Ácido aspártico | 0.126 g |
Ácido glutámico | 0.209 g |
Glicina | 0.042 g |
Prolina | 0.042 g |
Serina | 0.048 g |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 3% 0.031 mg |
Riboflavina (B2) | 12% 0.14 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.3 mg |
Vitamina C | 101% 84 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 0% 1 mg |
Ferro | 1% 0.13 mg |
Magnesio | 3% 10 mg |
Manganeso | 2% 0.052 mg |
Fósforo | 3% 21 mg |
Potasio | 6% 266 mg |
Sodio | 0% 0 mg |
Cinc | 1% 0.05 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Dimocarpus longan, chamado vulgarmente longán[1] (chinés tradicional: 龍眼, chinés simplificado: 龙眼, cantonés long-ngan; literalmente "ollo de dragón"; thai ลำไย) é unha árbore tropical perenne, nativa do sur da China. Atópase tamén en Indonesia e o sueste de Asia. Tamén é chamada guiyuan (桂圆) en chinés, lengkeng en Indonesia, mata kucing en Malaisia, e quả nhãn no Vietnam. O termo "ollo de dragón" vén pola semellanza da súa froita ao globo ocular (cando se pela o froito ten un miolo transparente, e a semente semella a meniña e mailo iris).
É unha árbore de tamaño mediano de folla perenne que pode medrar até os 6 a 7 metros de altura. Non deixa de ser sensíbel ás xeadas . Prefiren un solo areento. Aínda que a especie prefire as temperaturas que normalmente non estean por baixo de 4,5 °C (40 °F), pode soportar breve tempo temperatura baixas de ao redor de -2 °C (28 °F).
A froita (que realmente é un falso froito, composto por unha cobertura carnosa chamada arilo) é comestíbel, e a miúdo usada en sopas, almorzos e outras aplicacións no leste de Asia.
O longán e o lichi madurecen na mesma época do ano. Úsase na cociña e como menciña chinesa.
No Medicina tradicional chinesa é usada para o corazón e bazo. Insomnio, palpitacións, perda de memoria e mareos. Non se debe usar se hai exceso de flegma ou humidade.
Dimocarpus longan foi descrita por João de Loureiro e publicado en Flora Cochinchinensis 1: 233–234, no ano 1790.[2]
|
|