Donna Summer | |
---|---|
Nome completo | LaDonna Adrian Gaines |
Data nacemento | 31 de decembro de 1948 (75 anos) |
Nado en | Boston, Massachusetts, Estados Unidos |
Falecemento | 17 de maio de 2012 en Key West, Florida, Estados Unidos |
Naples | |
Causa | cancro de pulmón |
Soterrada | Harpeth Hills Memory Gardens |
Cónxuxe | Bruce Sudano |
Fillos | Brooklyn Sudano e Amanda Sudano |
Ocupación | cantante |
Xénero | Pop, Disco, Rock |
Tempo en activo | 1969 - 2012 |
Na rede | |
http://www.donnasummer.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
LaDonna Adrian Gaines, nada en Boston (Massachusetts) o 31 de decembro de 1948 e finada en Key West (Florida) o 17 de maio de 2012[1], máis coñecida co pseudónimo de Donna Summer, foi unha cantante e compositora musical estadounidense, mundialmente famosa polos seus éxitos de xéneros disco e pop na década de 1970 e comezos dos 80.
Entre as súas cancións máis lembradas cóntanse "I Feel Love", "On the Radio" e "Last Dance", gañadora dun premio Óscar en 1979. Dotada dunha poderosa voz de mezzosoprano e chamada «Reina da música disco», Donna Summer gañou cinco premios Grammy e once dos seus álbums lograron a certificación de Ouro por vendas nos Estados Unidos.