Donostia Arena 2016 | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°17′51″N 1°58′07″O / 43.2976, -1.9687Coordenadas: 43°17′51″N 1°58′07″O / 43.2976, -1.9687 |
Localización | Donostia, Guipúscoa |
Construción | |
Inauguración | 1998 |
Estadio | |
Capacidade | 11.000 espectadores |
Propietario | Câmara Municipal de San Sebastián |
Localía | San Sebastián Gipuzkoa BC (ACB) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Donostia Arena 2016[1] é un recinto multiúsos situado na zona deportiva de Anoeta en Donostia, Guipúscoa (Euskadi). Cunha capacidade para 11.000 espectadores é o lugar no que xoga os seus partidos o Lagun Aro GBC de baloncesto.
Esta é a construción estrela do espazo de lecer de Illunbe, no que inicialmente había multitude de locais de hostalaría, multicines etc. Unha das características máis rechamantes deste recinto é a súa cuberta retráctil, que se desprega ou se contrae segundo as necesidades. A súa utilización inicial baseábase nas corridas de touros, pero co paso do tempo ha ir diversificando a súa oferta. Actualmente é o baloncesto o que centraliza a actividade do recinto.
A parte do baloncesto no recinto organízanse touradas, concertos de música, campionatos de motos freestyle de motos etc.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donostia Arena 2016 |