Žalgiris Kaunas | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1995 (28 anos) Detroit, Míchigan |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 89 kg (196 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
Instituto | Detroit Country Day (Beverly Hills, Michigan) |
Universidade | Xavier (2014–2017) |
NBA Draft | 2017 / Rolda: 2 / Elección: 52 Por New Orleans Pelicans |
Carreira | dende 2017 |
Historial de equipos | |
Indiana Pacers (2017–2021) → Fort Wayne Mad Ants (2017–2019) Brooklyn Nets (2022–2023) Žalgiris Kaunas (2023–presente) |
Edmond Byron Sumner, nado o 31 de decembro de 1995 en Detroit, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no BC Žalgiris Kaunas lituano.
O 23 de xuño de 2017, Sumner foi seleccionado na 52ª posición do Draft da NBA de 2017 polos New Orleans Pelicans, quen o traspasaron ós Indiana Pacers. O 5 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Pacers. O 29 de xullo de 2019, Sumner asinou un novo contrato cos Pacers por tres anos.[1]
O 6 de outubro de 2021, os Pacers traspasaron a Sumner ós Brooklyn Nets a cambio dos dereitos do Draft de Juan Pablo Vaulet.[2] Catro días máis tarde, os Brooklyn cortaron a Sumner.[3] O 8 de xullo de 2022, asinou de novo cos Nets.[4] Tras un ano en Brooklyn, foi cortado de novo.[5]