Enrique Blein | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1885 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 10 de decembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | comerciante e político |
Pai | Primitivo Blein Costas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrique Blein Budiño, nado en Vigo en xuño de 1885 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Fillo de Primitivo Blein Costas, que tamén foi alcalde, e comerciante en Vigo. Fíxose cargo do comercio familiar. Foi concelleiro de Vigo en 1923. Foi o primeiro alcalde de Vigo da II República, pero foi destituído en setembro de 1931.[1] En xaneiro de 1936 foi elixido presidente da agrupación de Izquierda Republicana de Vigo e en febreiro foi reposto como concelleiro e elixido 1º Tenente de alcalde. Foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación de Pontevedra e elixido vicepresidente o 19 de marzo de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido, primeiro en Coruxo e despois en Chandebrito. Foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Localizado e detido, estivo preso na Ramallosa e despois trasladado ao cárcere de Vigo. Padecía un cancro e foi hospitalizado o 30 de outubro nos pavillóns sanitarios do Hospital Municipal. Morreu de cancro de estómago en estado de semi-abandono no Hospital Municipal de Vigo o 10 de decembro de 1936.[3] Despois da súa morte foi sancionado con 50.000 pesetas por resolución da autoridade militar e como consecuencia embargáronlle á súa muller e fillos todo o seu patrimonio.
Predecesor: Manuel San Román Ceballos |
Alcalde de Vigo 1931 |
Sucesor: Amado Garra Castellanzuelo |
Casou con Concepción Corral Sequeiros e foi pai de seis fillos.