Infotaula de personaErnst Mayr

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Kempten, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 2005 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Bedford (Massachusetts), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Alemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Greifswald (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseCarl Zimmer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSistemática, Bioloxía evolutiva, Ornitoloxía, curadoria (pt) Traducir e coleção de história natural (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónconservador , escritor , profesor universitario , biólogo evolutivo , filósofo , zoólogo , ornitólogo , biólogo , museólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseum für Naturkunde (pt) Traducir (1926–1932)
Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (Membro estranxeiro da Royal Society, membro estranxeiro) (1988–)
Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, membro (pt) Traducir) (1954–)
American Society of Zoologists (en) Traducir (membro de honra)
Venezuelan Academy of Physical, Mathematical and Natural Sciences (en) Traducir (membro correspondente)
Société zoologique de France (en) Traducir (membro de honra)
German Zoological Society (en) Traducir (membro de honra)
Asociación Americana para o Avance das Ciencias (fellow (pt) Traducir)
Finnish Society of Sciences and Letters (en) Traducir (membro de honra)
Academia de Ciencias de Rusia
Sociedad Española de Ornitología (membro de honra)
Nuttall Ornithological Club (en) Traducir (membro de honra)
Accademia Nazionale dei Lincei (membro estranxeiro)
Dansk ornithologisk Forenings Tidsskrift (en) Traducir (membro de honra)
Senckenberg Nature Research Society (en) Traducir (membro correspondente)
The Japanese Society of Systematic Zoology (en) Traducir (membro de honra)
Academia de Ciencias e Humanidades de Berlín-Brandenburgo
British Ornithologists' Union (pt) Traducir (membro de honra)
Sociedade Real da Nova Zelândia (pt) Traducir
Sociedade Filosófica Estadounidense (membro (pt) Traducir)
Deutsche Gildenschaft (en) Traducir
Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos (fellow (pt) Traducir)
Leopoldina
Academia de Ciencias de Rusia (associate member (en) Traducir)
Vetenskapssocietetens hus och Schefferska huset (en) Traducir (membro de honra)
Academia de Ciências da Baviera (pt) Traducir (membro correspondente)
American Society of Naturalists (en) Traducir (membro de honra)
Sociedade Linneana de Londres (membro estranxeiro)
Deutsche Ornithologen-Gesellschaft (en) Traducir (membro de honra)
Academy of Natural Sciences (pt) Traducir (membro correspondente)
Zoological Society of London (membro correspondente, membro de honra)
Berlin Society of Friends of Natural Science (en) Traducir (membro correspondente) Editar o valor em Wikidata
Interesado enHistoria da bioloxía Editar o valor em Wikidata
ProfesoresErwin Stresemann (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRobert Trivers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaMayr Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Mayr-393 Find a Grave: 10430252 Editar o valor em Wikidata


Ernst Walter Mayr, nado en Kempten (Alemaña) o 5 de xullo de 1904 e finado en Bedford (Massachusetts) o 3 de febreiro de 2005, foi un biólogo evolutivo estadounidense.[1][2] Foi, ademais un renomeado taxónomo, explorador dos trópicos, ornitólogo, historiador da ciencia e naturalista. A súa obra contribuíu á revolución conceptual que levou á síntese moderna da teoría da evolución e ao desenvolvemento do concepto biolóxico de especie.

Traxectoria

Mayr estudou medicina na Universidade de Greifswald pero cambiou os seus intereses cara á bioloxía sistemática e doutorouse na Universidade Humboldt de Berlín, como ornitólogo. Durante os anos 1930 tomou parte nunha expedición de dous anos a Nova Guinea e as Illas Salomón onde estudou a evolución da fauna autóctona, especialmente a ornitolóxica.

A comezos da década de 1930 estaba xa convencido do acertado da teoría evolutiva de Darwin. En 1937 foi un dos científicos que apoiaron a teoría chamada Síntese evolutiva moderna esbozada no libro "Xenética e a orixe das especies" de Theodosius Dobzhansky, e que foi crucial na aceptación xeneralizada do concepto de evolución.

Durante 18 anos e até 1953 traballou como investigador no Museo Americano de Historia Natural de Nova York, onde foi responsable da taxonomía de aves. En 1950 Mayr propuxo unha clasificación alternativa dos fósiles, incluíndo os de homínidos. En consecuencia, a súa proposta obtivo unha ampla aceptación.

En 1983 recibiu o Premio Balzan en zoología. En 1999 recibiu o Premio Crafoord en ciencias da vida, galardón que compartiu cos doutores Williams e Smith.

En 2005 Mayr morreu con 101 anos.

Obra

Filosofía da bioloxía

Mayr defendeu que, a diferenza da física, a bioloxía non se fundamenta tanto en leis como en conceptos:

Se un chega á conclusión de que non existen leis naturais na bioloxía evolutiva, hai que preguntarse, nas teorías biolóxicas, que pode un entón tomar como base? A opinión amplamente adoptada é que as teorías da bioloxía evolutiva se basea nos conceptos en lugar de leis, e esta rama da ciencia sen dúbida ten abundantes conceptos sobre as teorías de base. Permítanme mencionar conceptos tales como a selección natural, loita pola existencia, competencia, biopoboación, adaptación, éxito reprodutivo, selección da femia, e dominación masculina. [...] Como consecuencia, unha filosofía da física baseada en leis naturais resulta ser algo moi distinto dunha filosofía da bioloxía baseada en conceptos
If one concludes that there are no natural laws in evolutionary biology, one must ask, on what can one then base biological theories? The view now widely adopted is that theories in evolutionary biology are based on concepts rather than laws, and this branch of science certainly has abundant concepts on which to base theories. Let me just mention such concepts as natural selection, struggle for existence, competition, biopopulation, adaptation, reproductive success, female choice, and male dominance. [...] As a result, a philosophy of physics based on natural laws turns out to be something very different from a philosophy of biology based on concepts.
Mayr 2001[3]

Concepto biolóxico de especie

Unha das maiores contribucións teóricas de Mayr foi a súa definición do concepto de especie. Xunto con Dobzhansky, Mayr propuxo o concepto biolóxico de especie segundo o cal, unha especie é un grupo (ou poboación) natural de individuos que poden cruzarse entre si, pero que están illados reprodutivamente doutros grupos afíns. Este é o concepto máis amplamente aceptado: a definición biolóxica de especie implica evolutivamente asumir que é unha poboación reprodutivamente illada, polo que constitúe unha liñaxe evolutiva separada e que é reforzada por unha serie de barreiras que poden ser de carácter xeográfico ou biolóxico.[4][5] No entanto, o concepto biolóxico de especie ten varias limitacións: en primeiro lugar, é inaplicable a organismos fósiles; en segundo lugar, non pode aplicarse a organismos que se reproducen asexualmente; por último, existen moitos casos de hibridación, especialmente en plantas vasculares, nos que se produce descendencia fértil e que permanecen como unidades xenéticas e evolutivas independentes.

Mayr admitiu que a súa definición de especie non se aplica a organismos asexuales, pero a obxección da hibridación conduciulle a unha redefinición do concepto de "mecanismos de illamento" como "propiedades biolóxicas dos individuos que preveñen o entrecruzamento [fusión] das poboacións" (Mayr 1970, p. 56). Os mecanismos de illamento, por tanto, non sempre preveñen o entrecruzamento ocasional, pero si a fusión completa entre as dúas especies.

Libros

Artigos

Notas

  1. Bock, Walter J. 2006. "Ernst Walter Mayr. 5 july 1904 -- 3 february 2005: Elected ForMemRS 1988". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 52: 167. doi:10.1098/rsbm.2006.0013. JSTOR 20461341
  2. Meyer, A. 2005. "On the Importance of Being Ernst Mayr". PLoS Biology 3 (5): e152. doi:10.1371/journal.pbio.0030152
  3. The philosophical foundations of Darwinism Arquivado 01 de setembro de 2009 en Wayback Machine. Proceedings of the American Philosophical Society 145:488-495
  4. Dobzhansky T. 1937. Genetics and the origin of species. Columbia University Press, New York.
  5. Mayr, E. 1942. Systematics and the origin of species. Columbia Univ. Press, New York.
  6. Martínez-Salanova, J. (1999): «Reseña del libro Así es la biología de Ernst Mayr, 1995». Boletín Sociedad Entomológica Aragonesa, 25: 103-104

Véxase tamén

Ligazóns externas