O óso escafoide do tarso, tamén chamado navicular, é un óso humano que ocupa a parte interna da fileira distal do tarso. Presenta unha estrutura cuboide.
Superficie posterior: é unha zona escavada destinada á cabeza astragalina, establecendo a única enartrose do pé. Forma parte do nocello.
Superficie anterior: artéllase cos ósos cuneiformes. Presenta tres zonas articulares: externa, media e interna, para cada óso. As articulacións son pequenas artrodias, polo que o movemento redúcese a pequenos deslizamentos.
Superficie interna: forma parte do bordo interno do pé. Nela insértase o músculo tibial anterior.
Superficie externa: na parte posterior artéllase co cuboide.
Superficie superior: insírese o ligamento clave (brazo interno).
Superficie inferior: insírese o músculo tibial posterior e a fascia plantar media.