O termo espiritualidade[1] (do latín spiritus, espírito), depende da doutrina, escola filosófica ou ideoloxía que a trate, así como do contexto en que se empregue.[2][3]
Nun sentido amplo, significa a condición espiritual. Hai autores que o consideran unha dimensión máis da persoa, como a dimensión biolóxica ou social.[4] Referido a unha persoa, é a disposición principalmente moral, psíquica ou cultural, que posúe quen tende a investigar e desenvolver as características do seu espírito.[5] Esta decisión implica habitualmente a intención de experimentar estados especiais de benestar, como a salvación ou a liberación. Relaciónase así mesmo coa práctica da virtude.
En certo sentido é posible falar de prácticas espirituais sen estar especificamente baixo o que habitualmente se considera unha relixión organizada, aínda que en xeral non deixan de ser prácticas tradicionais.[6]
No occidente relacionouse habitualmente o termo con doutrinas e prácticas relixiosas, especialmente na perspectiva da relación entre o ser humano e un ser superior (Deus), así como coas doutrinas relacionadas coa salvación da alma, aínda que actualmente se ampliou moito o seu uso e non son estas as únicas formas en que se fai uso da expresión.
Dise tamén de estilos ou formas de vida que inclúen perspectivas relacionadas co ámbito espiritual e as súas prácticas, buscando, por exemplo, a liberación. Outros enfoques diferentes tamén son posibles: (iniciación, rito).[7]
Igualmente, pode entenderse sen referencia ningunha a un ser superior ou exterior ao ser humano, empregándose o termo para referirse a unha "espiritualidade atea", ou "sen deus".[8][9][10]
Algúns puntos de vista filosóficos, utilizan o termo para facer referencia á oposición entre materia e espírito, ou entre interioridade e exterioridade.[11]
Porén, polo contrario, a postura filosófica dos practicantes do budismo zen concibe a "unidade" dos opostos:
Un filósofo, Nishida Kitaro (...) tamén se entregou á práctica zen, da que destilou a súa concepción filosófica da "unidade" dos opostos (espazo e tempo, espírito e materia, autoconciencia e conciencia obxectiva, individuo e mundo).[12]
Ás veces tamén no ámbito literario, o termo obedece só a aspectos estéticos e estilísticos.[13]
le terme spiritualité est un terme relativement nouveau dont la significativamente esta d’ailleurs largement fluctuante
...la tradición del ascetismo de montaña.
la notion de spiritualité est neutre par rapport à celle de foi en Dieu
La notion de spiritualité, quand elle rencontre la production et l’activité des écrivains, implique outre les enjeux religieux, philosophique et anthropologique, [...] des dimensions proprement littéraires et esthétiques