Valencia Basket | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1996 (28 anos) Milan, Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 108 kg (238 lb) |
Posición | Pivote, ala-pivote |
Liga | ACB |
Información da carreira | |
Instituto | Rockridge (Illinois) |
Universidade | Wisconsin (2015–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: Non drafteado |
Carreira | 2019−presente |
Historial de equipos | |
Olympiacos (2019–2020) → Vanoli Cremona (2019−2020) Lavoropiù Fortitudo Bologna (2020−2021) Dinamo Banco di Sardegna Sassari (2021) MHP Riesen Ludwigsburg (2022) Breogán (2022−2023) Gran Canaria (2023−2024) Valencia Basket (2024−presente) |
Ethan Happ, nado o 7 de maio de 1996 en Milan, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Formado na Universidade de Wisconsin, é un dos únicos seis xogadores da NCAA en rexistrar, polo menos, 2000 puntos, 1000 rebotes e 400 asistencias.[1] Cunha altura de 2,08 m, pode xogar nas posicións de pivote e ala-pivote.[2] Actualmente xoga no Valencia Basket da Liga ACB.
Nado en Milan, Illinois, Happ xogou ao baloncesto no Instituto Rockridge, para posteriormente finalizar a súa formación na Universidade de Wisconsin. Happ foi titular en todos os xogos durante a súa primeira temporada cos Badgers, sendo nomeado mellor freshman da Conferencia Big Ten. En 2019 converteuse no primeiro xogador en 25 anos en conseguir 2000 puntos e 1000 rebotes na conferencia, sendo un dos únicos seis de toda a historia do baloncesto universitario en conseguir esta marca alén de 400 asistencias. Na súa última temporada fixo unha media de 17,9 puntos, 10,3 rebotes, 1,0 asistencias e 1,2 tapóns por partido, sendo o único xogador da NCAA en liderar ao seu equipo nestes cinco apartados estatísticos.[3]
Despois de non ser drafteado en 2019, Happ asina co Olympiacos grego, equipo co que debuta na Euroliga. Porén, esa temporada é cedido ao Vanoli Cremona da LBA, máxima categoría do baloncesto italiano. Neste equipo fai unha media de 18,3 puntos, 9,3 rebotes e 2,5 asistencias por partido. O seu rendemento sérvelle para asinar na temporada seguinte co Fortitudo Bologna, equipo italiano da Basketball Champions League. En Boloña fai unha media de 13,6 puntos, 9,3 rebotes e 3,2 asistencias por partido na liga local e 19,0 puntos, 10,0 rebotes e 3,0 asistencias na Champions League. Con todo, unha lesión no cóbado impídelle dipsutar o comezo da seguinte temporada. Após superar a lesión, en xaneiro asina polo Dinamo Sassari, onde fai unha media de 10,0 puntos, 5,6 rebotes e 2,2 asistencias por partido na liga italiana e 11,8 puntos, 6,3 rebotes e 2,5 asistencias na Champions League. Despois doutra lesión, en xaneiro de 2022 asina polo Riesen Ludwigsburg da Basketball Bundesliga, onde fai unha media de aproximadamente 9 puntos, 7 rebotes e 3 asistencias por partido na liga local e na Champions League. O 8 de xullo de 2022 anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB.[4]
Ao longo da súa carreira, Happ ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]