Fargo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fargo |
Director | Joel Coen Ethan Coen |
Produtor | Ethan Coen Joel Coen |
Guión | Joel Coen Ethan Coen |
Intérpretes | Frances McDormand William H. Macy Steve Buscemi Harve Presnell Peter Stormare |
Música | Carter Burwell |
Fotografía | Roger Deakins |
Montaxe | Roderick Jaynes |
Estudio | PolyGram Filmed Entertainment Working Title Films |
Distribuidora | Gramercy Pictures |
Estrea | 8 de marzo de 1996 5 de setembro de 2008 (TVG) |
Duración | 98 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido[2] Estados Unidos[2] |
Xénero | Drama |
Orzamento | $7 000 000[3] |
Recadación | $60 611 975[3] |
Na rede | |
|
Fargo é un filme estadounidense dirixido polos Irmáns Coen que se estreou en 1996. Está protagonizado por Frances McDormand que interpreta a unha oficial de policía embarazada de Minnesota que investiga uns asasinatos cometidos nunha estrada. Estes asasinatos ocorren despois de que un vendedor de coches (William H. Macy) contrate a dous criminais (Steve Buscemi e Peter Stormare) para que secuestren á súa muller e poder extorsionar cun rescate ó seu rico sogro (Harve Presnell).
Estreouse en galego na TVG o 5 de setembro de 2008.[4]
Un home apoucado e tímido, casado coa filla dun millonario que lle impide desfrutar da súa fortuna, decide contratar a dous delincuentes para que secuestren á súa muller co fin de montar un negocio propio cos cartos do rescate. Pero, por unha serie de azarosas circunstancias, ó secuestro súmanse tres brutais asasinatos, o que obriga á policía a intervir.